Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    22 de abril de 2015

    Varias manifestacións en diferentes cidades da rexión histórica de Cabilia (Alxeria) demandaron, entre outras cousas, a oficialidade da lingua tamazight.

    Fonte: Nationalia

    22 de abril de 2015

    Nunha entrevista realizada en abril de 2012, o escritor portugués Vasco Graça Moura declarara que o Acordo Ortográfico podía alterar a pronuncia da lingua portuguesa nas próximas xeracións.

    Fonte: Público

    22 de abril de 2015

    O vicepresidente do Brasil, Michel Temer, declarou que o portugués podería converterse en breve en lingua oficial das principais organizacións internacionais.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    22 de abril de 2015

    O número de estudantes de lingua alemá medra por primeira vez en máis dunha década e acada os 15,4 millóns en todo o mundo.

    Fonte: Deutsche Welle

    22 de abril de 2015

    A Consellería de Cultura e Educación entregou no Parlamento a proposta inicial do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de abril de 2015

    Poden participara no certame o alumnado da Universidade de Santiago, o de Comunicación Audiovisual das universidades da Coruña e Vigo e o das escolas de Imaxe e Son de Galicia.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    22 de abril de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública a resolución da convocatoria pola que se aproban as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros de titularidade da Consellería.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de abril de 2015

    A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación abriu ao público a sección do seu web lingua.gal dedicada a difundir a obra do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de abril de 2015

    O Plan xeral de éuscaro 2015-2019 conta, entre as súas prioridades, coa promoción desta lingua en empresas e entidades do sector do ocio e o tempo libre, como equipos deportivos e asociacións.

    Fonte: Diario Vasco

    22 de abril de 2015

    Estremadura é a rexión española que máis impulsa o portugués como segunda lingua estranxeira e, en consecuencia, a que posúe un maior índice de interese nesta lingua. Así o amosa o alto número de persoas que estudaron portugués o ano pasado nesta comunidade.

    Fonte: ABC

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder