Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de abril de 2015

    O Goberno vasco, Euskaltzaindia e diversas asociacións que traballan en favor da literatura en éuscaro participaron na reescritura en éuscaro dun capítulo de O Quixote, que formará parte dunha nova versión multilingüe.

    Fonte: La Cerca

    16 de abril de 2015

    Os diferentes organismos implicados na totalidade do proceso xudicial traballan na creación da primeira comunidade xurídica euscalduna, que facilitará o uso do éuscaro en todas as fases.

    Fonte: Cadena Ser

    15 de abril de 2015

    A agrupación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg alertou que o Xardín Botánico Nacional do País de Gales emprega sinais escritos exclusivamente en inglés.

    Fonte: Carmarthen Journal

    15 de abril de 2015

    Un informe elaborado nos Estados Unidos sinala que a Biblia non está traducida ao 57 % das linguas do mundo.

    Fonte: Ecumenical News

    15 de abril de 2015

    O salmón oval, que terá unha periodicidade mensual, é unha revista sobre rugby que se edita en Pontevedra e na que se utiliza o galego co obxectivo de normalizar o seu uso neste deporte.

    Fonte: Pontevedra Viva

    15 de abril de 2015

    As xornadas celébranse na Facultade de Informática durante os días 16 e 17 de abril.

    Fonte: Universidade da Coruña

    15 de abril de 2015

    O obradoiro “Recursos da nosa lingua para o tempo libre” ten como finalidade ofrecer ferramentas para crear espazos de socialización en galego no ámbito do lecer.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    15 de abril de 2015

    Varias organizacións vascas queren convencer os cidadáns que falen éuscaro de que realicen as súas intervencións na televisión pública vasca nesta lingua, en lugar de en castelán.

    Fonte: EITB

    15 de abril de 2015

    A modalidade bilingüe do ensino secundario da rexión de Murcia contará con polo menos unha materia ademais das linguas impartidas integramente na lingua estranxeira escollida.

    Fonte: La Verdad

    14 de abril de 2015

    Especialistas en educación do ámbito internacional defenden que o ensino de linguas estranxeiras senta as bases para a mellora substancial do alumnado e do sistema educativo.

    Fonte: Público

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder