O telefono 016, de atención ás vítimas de malos tratos, vai incorporar a lingua tamazight, para que as persoas da comunidade bérber que o necesiten poidan acceder aos servizos ofrecidos na súa lingua materna.
Fonte: Melilla Hoy
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O telefono 016, de atención ás vítimas de malos tratos, vai incorporar a lingua tamazight, para que as persoas da comunidade bérber que o necesiten poidan acceder aos servizos ofrecidos na súa lingua materna.
Fonte: Melilla Hoy
A editorial Laria acaba de publicar a primeira tradución ao asturiano de O Quixote, que pasa a engrosar a lista de traducións ás linguas da península, da que xa forman parte as versións en catalán, galego e éuscaro.
Fonte: El Periódico
Esta iniciativa, que este ano leva por lema “Galego, a nosa creación común”, ten como obxectivo que o alumnado reivindique publicamente o uso da lingua galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A cuarta edición deste certame, organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística, celebrarase do 13 ao 16 de maio.
Fonte: Galicia Hoxe
Para a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) a celebración do Día das Letras Galegas debe aproveitarse para facer máis visible o galego en todos os ámbitos e para transmitir unha imaxe máis moderna e atractiva desta lingua.
Fonte: CTNL
Co fin de empregar un idioma máis inclusivo, o dicionario da Academia da Lingua Sueca incluirá o pronome neutro "hen" para referirse a persoas transxénero, grupos de diferentes sexos ou en situacións nas que o xénero non é relevante.
Fonte: BuzzFeed
Un novo informe sobre coñecemento da lingua aragonesa indica que a porcentaxe actual de persoas que coñecen e estudan esta lingua sitúase no 4 %, o que equivale a 54 481 aragoneses. Este dato amosa un aumento do 84,8 % con respecto ao censo de 1981.
Fonte: El Periódico de Aragón
A través dunha campaña vinculada a San Sebastián, Capital da Cultura Europea 2016, oito tradutores literarios estranxeiros recibirán formación en éuscaro para poder traducir obras escritas nesta lingua ás súas.
Fonte: EITB
O proxecto da nova Lei de procesamento criminal inclúe a dispoñibilidade da lingua de signos durante os procesos xudiciais para facilitar o acceso á información das persoas xordas.
Fonte: Somos Pacientes
Un total de 60 000 persoas acudiron ás festas educativas polo valenciano organizadas por Escola Valenciana en diferentes localidades da Comunidade. Esta edición contou ademais co aliciente de celebrar o trinta aniversario destas festas que reivindican a educación en valenciano.
Fonte: 20 minutos
Subscríbase ao boletín