As entidades culturais de Pamplona xa teñen o prazo aberto para solicitarlle ao Concello as subvencións para actividades culturais en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As entidades culturais de Pamplona xa teñen o prazo aberto para solicitarlle ao Concello as subvencións para actividades culturais en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
A empresa de autobuses de Donostia non poderá utilizar a proba de éuscaro como factor eliminatorio no proceso de selección de condutores, xa que vai en contra do convenio laboral existente.
Fonte: Diario Vasco
O obradoiro “Mellora o teu discurso oral” ten como obxectivo proporcionar ferramentas que melloren o discurso oral do alumnado, a través da adquisición de habilidades sociais e comunicativas, así como de competencias discursivas e lingüísticas orais.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O IV Premio de pezas audiovisuais curtas de comedia "Somos a curta!" ten como finalidade fomentar o emprego do galego nos novos valores do audiovisual en Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A República de Angola defende a adopción dun vocabulario ortográfico nacional e a modificación de bases científicas como requisitos para a ratificación do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa.
Fonte: ANGOP
Algúns deputados portugueses votaron en contra do acordo que permite a creación do Tribunal Unificado de Patentes por consideralo discriminatorio para a lingua portuguesa.
Fonte: Notícias ao Minuto
A Federación Española de Relixiosos de Ensinanza foi a encargada de organizar, como cada ano, esta festa á que acudiron arredor de cincocentos nenos e nenas.
Fonte: Faro de Vigo
Baixo o título “No galego cabe o mundo”, a Facultade de Filoloxía acolle entre os días 13 e 17 de abril este maratón de lectura.
Fonte: Universidade da Coruña
Lisboa acolle a sexta edición do FESTin, Festival de Cinema Itinerante da Lingua Portuguesa.
Fonte: Rfi português
O mirandés converteuse, xunto co portugués, o asturiano e o español, en lingua oficial da recentemente constituída Asociación de Desenvolvemento Asturias-Portugal.
Fonte: Observador
Subscríbase ao boletín