Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de abril de 2015

    As empresas Nestlé, Banco Santander, Danone e Coca Cola (entre outras) néganse a utilizar o catalán nos seus produtos e servizos, para o cal se basean en 340 disposicións legais.

    Fonte: El Confidencial Digital

    07 de abril de 2015

    Centos de persoas congregáronse en Palma de Mallorca para reivindicar a recepción das canles televisivas 3/24 e C33, que emiten en lingua catalá, e que actualmente están en perigo de desaparecer do sinal de TDT nas illas Baleares.

    Fonte: El Mundo

    06 de abril de 2015

    O ensino do grego antigo está en decadencia nas escolas británicas. Só 37 centros impartiron a materia no último ano do ensino secundario.

    Fonte: The Guardian

    06 de abril de 2015

    A Federación de Rusia clausurou diversos medios de comunicación de Crimea, entre os que se inclúe a canle de televisión ATR, a principal que emitía en lingua tártara.

    Fonte: KyivPost

    06 de abril de 2015

    Trátase da resposta á Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística das universidades de Galicia que lle enviou ao Ministerio un informe sobre a utilización do galego como lingua científica no ámbito universitario.

    Fonte: Praza Pública

    06 de abril de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e o Centro PEN de Galicia convocan a décimo terceira edición do Premio de Poesía Afundación, que ten como obxectivo favorecer e difundir a creatividade literaria en lingua galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de abril de 2015

    O papiro de César, título do novo álbum, sairá o 22 de outubro publicado pola editorial Xerais.

    Fonte: Praza Pública

    06 de abril de 2015

    O Concello vasco de Errentería publicou a súa convocatoria de subvencións para a promoción do éuscaro, que incluirán axudas para a aprendizaxe da lingua e para a universidade vasca de verán, a rotulación ou a creación de medios dixitais nesta lingua.

    Fonte: Diario Vasco

    06 de abril de 2015

    Nun acordo asinado entre a Consellería de Educación da Junta de Castela e León e o reitorado de universidades de Grenoble, ambas as entidades accederon á promoción recíproca das súas linguas e culturas a través de intercambios educativos.

    Fonte: Salamanca al día RTV

    05 de abril de 2015

    O desenvolvemento da economía brasileira é un dos motivos de que o portugués se convertese na terceira lingua estranxeira con maior crecemento no ensino superior dos Estados Unidos de América.

    Fonte: Dnotícias

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder