Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de marzo de 2015

    Este concurso, impulsado pola Concellería de Normalización Lingüística, ten como obxectivo fomentar o uso do galego na comunicación entre empresas ou comercios e a sociedade, ao mesmo tempo que promover a calidade e a creatividade na comunicación.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    27 de marzo de 2015

    Un estudo realizado no Reino Unido revela que a nosa visión do mundo está influenciada polas linguas que falamos ou aprendemos.

    Fonte: BGR

    27 de marzo de 2015

    A reforma do ensino secundario francés, que entrará en vigor en 2016, podería pór en risco o ensino optativo das linguas clásicas: latín e grego.

    Fonte: Europe1

    27 de marzo de 2015

    Dos 2295 títulos publicados en Galicia en 2014 (un 22,79 % máis que o ano anterior), un 54,6 % estaba en castelán (1253) e un 32,98 %, en galego (757).

    Fonte: Te Interesa

    27 de marzo de 2015

    O ministro de Exteriores de Timor Leste, Hernâni Coelho, declarou que a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) debe ofrecer maior apoio a membros como Guinea-Bisau e Timor Leste para a promoción do portugués.

    Fonte: Sapo

    27 de marzo de 2015

    O Partido Laborista británico declarou que, se non se toman medidas urxentes, linguas como o portugués ou o turco poderían desaparecer dos programas escolares.

    Fonte: BBC

    27 de marzo de 2015

    Termos esenciais de dereito mercantil é un manual práctico que conta con 1218 conceptos en galego e castelán.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    27 de marzo de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria quere expresar a súa satisfacción ao coñecer a sentenza do Tribunal Supremo pola que queda ratificada definitivamente a legalidade do Decreto do plurilingüismo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de marzo de 2015

    Nove entidades de Lezo asinaron un acordo co Concello para fomentar o emprego do éuscaro nas súas actividades.

    Fonte: Diario Vasco

    26 de marzo de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou na sede da Real Academia Galega o trixésimo volume dos Cadernos Ramón Piñeiro, baixo o título Antonio Blanco Freijeiro. Isidoro Millán González-Pardo. Cartas habidas (1953-1990).

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder