Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de marzo de 2015

    Na iniciativa, que busca aumentar a porcentaxe de nenos que ten o galego como lingua inicial e tamén a dos que o empregan habitualmente, participan os concellos de Vigo, Redondela, Pontevedra, Ourense, Rois, Santiago, Ferrol, Carballo, A Baña, Narón, Carnota e Negreira.

    Fonte: Galicia Hoxe

    23 de marzo de 2015

    O ex-presidente da República de Timor Leste defende o carácter opcional das linguas nativas nas escolas mais só cando se resolvan outras prioridades que ten o país.

    Fonte: Dnotícias

    23 de marzo de 2015

    Un total de 25 minutos será o tempo dedicado ao ensino do portugués no primeiro ano da educación primaria de Timor Leste.

    Fonte: Sapo

    23 de marzo de 2015

    As universidades de Vigo, Santiago e A Coruña organizan estas xornadas coas que se pretende mostrar e avaliar as ferramentas lexicográficas dispoñibles na actualidade.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    23 de marzo de 2015

    O principal obxectivo deste curso é conseguir que o galego se converta nun factor de integración para as persoas inmigrantes que residen na localidade.

    Fonte: Faro de Vigo

    23 de marzo de 2015

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, deu conta no Consello da Xunta do estado de elaboración do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015-2020, cuxo borrador inicial está a piques de concluír para, posteriormente, ser consultado e debatido cos sectores implicados co fin de que realicen as achegas que consideran oportunas e participen activamente na súa execución.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de marzo de 2015

    O Goberno de Menorca destinará 7000 euros para a promoción de publicacións en castelán e catalán.

    Fonte: El Mundo

    20 de marzo de 2015

    Un estudo revela que no Reino Unido as condicións para o estudo de linguas estranxeiras non son favorables e moitos profesores teñen dificultades para que o seu alumnado opte por cursalas, sobre todo nos dous últimos anos do ensino secundario.

    Fonte: BBC

    20 de marzo de 2015

    O Ministerio de Educación de Mozambique anunciou que a partir de 2017 o ensino primario empregará, ademais do portugués, as 16 linguas nativas que se falan no país.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    20 de marzo de 2015

    A cidade alemá de Aquisgrán acollerá en setembro o XI Congreso Alemán de Lusitanistas que leva por título "(R)evolucións e transformacións. O mundo lusófono en movemento" e que contará cunha sección de estudos galegos.

    Fonte: GCiencia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder