Un estudo realizado por unha consultoría galesa mostra que os falantes de galés queren que os bancos e as empresas do sector da enerxía melloren os seus servizos en lingua galesa.
Fonte: Wales Online
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un estudo realizado por unha consultoría galesa mostra que os falantes de galés queren que os bancos e as empresas do sector da enerxía melloren os seus servizos en lingua galesa.
Fonte: Wales Online
A Secretaría de Políticas Lingüísticas de Paraguai quere elaborar un informe sobre a situación da lingua indíxena manjui, falada por 180 persoas.
Fonte: Terra
O grupo municipal do BNG denuncia que moitos dos contidos e servizos da nova web só están dispoñibles en castelán.
Fonte: La Opinión
A vila navarra de Urepele encheuse no inicio da carreira en favor do éuscaro, Korrika 2015, que percorrerá un total de 2161 quilómetros antes de chegar a Bilbao.
Fonte: Naiz
Iniciativa polo Asturiano convocou o primeiro concurso de micropoemas escritos en asturiano en Twitter co obxectivo de promover esta lingua e celebrar o Día Internacional da Poesía.
Fonte: El Día
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña presentou as novas iniciativas pertencentes á campaña “Catalán e empresa, xa estás ao día?”, que buscan aumentar o uso desta lingua no sector empresarial.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Generalitat de Cataluña publicou a orde de creación do premio LSC de fomento da lingua de signos catalá, que recoñecerá os esforzos por promover esta lingua.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A formación política vasca EH Bildu presentou unha proposición de lei para garantir a atención ao público en éuscaro. Con esta lei, as empresas que non ofrezan este servizo recibirán multa de ata 6000 euros.
Fonte: Cadena Ser
O Ministerio de Educación e Ciencia de Portugal informou de que o novo programa de lingua portuguesa para o ensino básico está en proceso de consulta pública e que entrará en vigor no ano académico 2015-2016.
Fonte: Educare
Os secretarios xerais de Cultura, Anxo Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García, participaron na celebración do Día da auga, da árbore e da poesía na Insua dos Poetas.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín