Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de marzo de 2015

    A Xunta de Galicia celebrou o acto de entrega de premios do certame de declaracións de amor na rede Lingua de namorar, convocado polas consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais de Traballo e Benestar, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, respectivamente.

    Fonte: Xunta de Galicia

    19 de marzo de 2015

    O programa semanal Lugo a Debate tratará a situación do galego nun debate no que participarán representantes do mundo da Xustiza, do ensino e da Mesa pola Normalización Lingüística.

    Fonte: El Progreso

    19 de marzo de 2015

    A Consellería de Educación, Cultura e Deporte da Generalitat Valenciana convocou axudas co obxectivo de fomentar a lingua valenciana no ámbito social, comercial e industrial.

    Fonte: Las Provincias

    19 de marzo de 2015

    A patronal de micro, pequenas e medianas empresas de Cataluña organizou un concurso para dar a coñecer as mellores iniciativas empresariais que teñen como obxectivo o fomento da lingua catalá.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    19 de marzo de 2015

    O concello navarro de Falces vai celebrar unha festa na vila para reivindicar con esta o dereito a vivir e estudar en éuscaro.

    Fonte: Noticias de Navarra

    18 de marzo de 2015

    O reitor da Universidade de Winneba (Ghana) declarou que o incremento no uso de linguas estranxeiras na transmisión xeracional podería levar as linguas indíxenas á desaparición.

    Fonte: Starr

    18 de marzo de 2015

    O reloxo intelixente Apple Watch poderá traducir frases básicas do inglés a 13 linguas estranxeiras a través da aplicación IHG Translator.

    Fonte: Mashable

    18 de marzo de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará a presenza da lingua e da literatura galegas nas II Jornades de Poesia en Llengües Peninsulars que se celebrarán os días 20 e 21 de marzo no municipio catalán de Santa Coloma de Gramenet.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de marzo de 2015

    As autoridades aeronáuticas de todos os países lusófonos reuniranse na cidade caboverdiana de Praia para converter o portugués en lingua oficial da Organización Internacional da Aviación Civil (IATA).

    Fonte: Sapo

    17 de marzo de 2015

    A ministra de Cultura de Francia, Fleur Pellerin, mostrouse favorable á introdución de vocábulos doutros idiomas no francés xa que é enriquecedor para a lingua.

    Fonte: The Guardian

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder