Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de marzo de 2015

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha nova actividade no marco do proxecto de dinamización lingüística Dragal.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de marzo de 2015

    No pleno do Consello Social da Lingua Catalá constatouse o incremento do coñecemento do catalán polos cidadáns pero tamén se identificaron áreas deficitarias que necesitan accións de mellora.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    16 de marzo de 2015

    A Consellería de Saúde mantivo unha reunión con asociacións de persoas xordas para crear unha lei que regule a lingua de signos na comunidade.

    Fonte: 20 Minutos

    15 de marzo de 2015

    Duolingo, a aplicación para aprender linguas estranxeiras, ofrece agora un curso de francés para falantes de portugués.

    Fonte: IGN

    14 de marzo de 2015

    Despois dun longo período de consulta pública, a autoridade unitaria de Vale of Glamorgan, no sur de Gales, aprobou a creación dunha escola en lingua galesa que unificará dous centros xa existentes: o Ysgol Gymraeg Nant Talwg e o Ysgol Gyfun Bro Morgannwg.

    Fonte: Wales Online

    13 de marzo de 2015

    Un grupo de investigadores arxentinos está traballando na elaboración dun dicionario de lingua de signos destinado á comunidade de persoas xordas e a docentes de educación especial.

    Fonte: Rosario3

    13 de marzo de 2015

    O Ministerio de Cultura do Perú publicou un mapa interactivo en liña que inclúe información e rexistros sonoros das linguas indíxenas do país.

    Fonte: El Comercio

    13 de marzo de 2015

    O Diario Oficial da Junta de Andalucía publica o decreto polo que os colexios de educación primaria da rexión poderán ofrecer a lingua de signos como materia de libre configuración.

    Fonte: Discapnet

    13 de marzo de 2015

    O alcalde de Donostia pediulles aos cidadáns que inicien as súas conversas cunha palabra en éuscaro, nun intento de promover esta lingua.

    Fonte: Noticias de Guipúzkoa

    13 de marzo de 2015

    Este premio ten como finalidade principal recoñecer as iniciativas, persoas ou entidades que traballan a prol da promoción social e a dignificación da lingua e a cultura galegas.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder