O campus de Gualtar da Universidade do Miño acollerá a sexta edición dos exames oficiais de lingua chinesa.
Fonte: Braga TV
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O campus de Gualtar da Universidade do Miño acollerá a sexta edición dos exames oficiais de lingua chinesa.
Fonte: Braga TV
Un estudo de investigación baseado en mostras de ADN revela que a orixe das linguas indoeuropeas podería estar nunha zona que hoxe pertence a Rusia e Ucraína.
Fonte: National Geographic
Como parte das súas accións de promoción do éuscaro, o Concello de Errenteria organizou unha campaña que busca o uso desta lingua nos comercios da localidade.
Fonte: Diario Vasco
O concello de San Martín do Rei Aurelio vai celebrar a cuarta edición do seu concurso de tortillas, no que todos os carteis e papeis publicitarios están redactados en asturiano.
Fonte: Asturnews
A última falante do idioma wukchumni, do estado de California (EUA), traballa desde hai anos na elaboración do primeiro dicionario desta lingua.
Fonte: Hyperallergic
O novo Plan Nacional de Desenvolvemento da Educación de Angola prevé a avaliación do nivel de aprendizaxe das linguas nacionais do país.
Fonte: África 21
A Dirección de Educación do Goberno de Angola anunciou a introdución da lingua nacional cokwe no sistema público de ensino.
Fonte: ANGOP
O filme de fala irlandesa An Bronntanas (O agasallo) recibiu o premio especial do xurado no Festival de Cinema de Boston (EUA).
Fonte: RTÉ
A asociación Iniciativa polo Asturiano reclámalle ao Concello de Mieres que volva poñer en marcha o Servizo de Normalización lingüística que interrompeu hai dous meses.
Fonte: Infoasturies
A Generalitat valenciana outorgoulle un premio de promoción do valenciano á asociación cultural Gaiata 14 por redactar nesta lingua os libretos das festas da Magdalena.
Fonte: ABC
Subscríbase ao boletín