A aplicación Cinema CAT xa está dispoñible para descarga. Con ela, os usuarios poden acceder a información sobre as películas en catalán que se exhiben nos cines.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A aplicación Cinema CAT xa está dispoñible para descarga. Con ela, os usuarios poden acceder a información sobre as películas en catalán que se exhiben nos cines.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Unha manifestación en favor do éuscaro percorreu San Sebastián para denunciar as acción dos gobernos vasco e navarro en materia de política lingüística e para reivindicar o seu dereito a vivir nesta lingua.
Fonte: Diario Vasco
A enquisa de usos lingüísticos da poboación da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña indica que 182 233 falantes de catalán na área do Penedés non teñen este idioma como lingua inicial.
Fonte: Generalitat de Cataluña
‘Hitzegi proba’ é un xogo desenvolvido polo Centro de Neurociencias BCBL e o Instituto do Éuscaro da Universidade do País Vasco para que os usuarios poidan determinar, en cinco minutos, o seu nivel de coñecemento de vocabulario en éuscaro.
Fonte: EITB
Un grupo de mozos publicou o libro Heróis à Moda do Algarve que aborda a protección do patrimonio lingüístico da rexión portuguesa do Algarve.
Fonte: DiáriOnline
Un informe realizado pola Asociación de Linguas Modernas (MLA, polas súas siglas en inglés) revela unha caída no número de estudantes de linguas estranxeiras nos Estados Unidos.
Fonte: The Washington Post
A próxima versión de Siri, o asistente persoal dos dispositivos móbiles de Apple, incluirá, ademais do portugués, o inglés da India, o dinamarqués, o neerlandés, o ruso, o sueco, o tailandés e o turco.
Fonte: Agência Notícias
Con motivo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna, o viceministro de Goberno Local e Desenvolvemento Rural de Botswana, Frans Van der Westhuisen, defendeu a salvagarda e promoción das linguas locais.
Fonte: Mmegi
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no concello lugués de Paradela no actos de homenaxe a Manuel Rodríguez López.
Fonte: Xunta de Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, fixo un chamamento a traballar de xeito intensivo e coordinado no obxectivo de impulsar un maior uso do idioma galego en todos os ámbitos sociais.
Fonte: Xunta de Galicia
Subscríbase ao boletín