O ano pasado, só un de cada 65 novos estudantes que comezaron a universidade no Reino Unido decidiu cursar estudos en linguas modernas.
Fonte: The Conversation
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O ano pasado, só un de cada 65 novos estudantes que comezaron a universidade no Reino Unido decidiu cursar estudos en linguas modernas.
Fonte: The Conversation
Marisa Mendonça, responsable do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP), defende que cada vez máis países se interesan por programas de ensino de portugués.
Fonte: Notícias ao Minuto
O Consorcio pola Normalización Lingüística de Cataluña vai celebrar diversos actos repartidos por toda a comunidade para celebrar o Día Internacional da Lingua Materna e reivindicar a diversidade lingüística.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O Parlamento de Navarra aprobou a modificación da Lei do éuscaro para permitir a ampliación do modelo D (de educación en éuscaro) a toda a comunidade de acordo coa súa demanda.
Fonte: Noticias de Navarra
Un estudo dunha universidade estadounidense revela información máis precisa sobre o lugar e a época en que se orixinaron as linguas indoeuropeas.
Fonte: EurekAlert
O tribunal da provincia de Bos Aires, en Arxentina, aprobou a creación do Rexistro de Intérpretes en Linguas Indíxenas do país, entre as que se destacan, entre outros idiomas, o mapuche, o colla e o toba.
Fonte: Global Voices
Durante a sinatura do Memorando de entendemento entre a Xunta e a Embaixada da República de Portugal en España para a adopción do portugués como lingua estranxeira de opción e avaliación curricular no sistema educativo non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia, Feijóo afirmou que este acto reafirma os vencellos entre Portugal e Galicia, afianza a amizade entre Portugal e España e representa un paso máis na tarefa da construción europea.
Esta campaña de dinamización lingüística, que ten como lema "Seduce en galego. Goza de Melide", está dirixida á xente nova que os sábados se despraza á localidade para gozar da súa movida nocturna.
Fonte: La Voz de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística co Grupo Canto D’Aqui, co Municipio de Braga e mais coa Junta de Frêguesia de S. Vicente na 1ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza, que se celebrará na cidade portuguesa de Braga, coincidindo co 178º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Fonte: Xunta de Galicia
O novo plan de universidades da Generalitat de Cataluña planea que todos os universitarios acaben os seus graos con bo nivel en tres linguas estranxeiras.
Fonte: El Períodico
Subscríbase ao boletín