Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    24 de febreiro de 2015

    Un ex-ministro canadense puxo en dúbida a necesidade das probas de linguas que se realizan no Canadá para obter a residencia permanente.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    24 de febreiro de 2015

    Os portugueses que viven en Macau aínda non dominan a lingua local: o cantonés. Dúas das razóns son as dificultades na aprendizaxe e o pouco prestixio que a lingua local ten respecto ao mandarín.

    Fonte: Açoriano Oriental

    24 de febreiro de 2015

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou a programación promovida pola Xunta de Galicia para conmemorar as Letras Galegas 2015, dedicadas ao autor e intelectual pontevedrés Xosé Fernando Filgueira Valverde.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de febreiro de 2015

    O Goberno municipal de Miranda do Douro conmemorou o Día Internacional da Lingua Materna coa publicación nas redes sociais de fragmentos de textos escritos en mirandés.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    23 de febreiro de 2015

    Os internautas poden consultar no portal do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa os vocabularios nacionais de Portugal, Brasil, Mozambique e Timor Leste.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    23 de febreiro de 2015

    A iniciativa consiste na creación dun conto colectivo no que participa o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria dos centros educativos de Santiago.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    23 de febreiro de 2015

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou en Ribeira no acto conmemorativo do Día Internacional da Lingua Materna 2015, que organizou a Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración co concello barbancés, e no que tamén estivo o rexedor municipal, Manuel Ruíz Rivas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de febreiro de 2015

    Nun contexto multicultural como é na actualidade o País Vasco, onde se falan ata un centenar de linguas diferentes, o Goberno vasco e o club de escritores Euskal PEN publicaron un manifesto no que apostan polo éuscaro como elemento integrador.

    Fonte: El País

    20 de febreiro de 2015

    A Xunta de Galicia apoia a lingua propia do noso país como vantaxe empresarial competitiva nos países de fala portuguesa. No marco do desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, o executivo galego prevé na súa axenda de traballo accións estratéxicas de promoción das relacións cos países de fala portuguesa.

    Fonte: Xunta de Galicia

    20 de febreiro de 2015

    Os deputados do Parlamento de Timor Leste reiteraron o seu apoio ao portugués e ao tetún como linguas oficiais do país asiático e defenderon a súa protección no sistema educativo.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder