Un proxecto impulsado por unha asociación de Leiría (Portugal) tenta combater a exclusión social da comunidade de persoas inmigradas por medio da aprendizaxe de linguas.
Fonte: Observador
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un proxecto impulsado por unha asociación de Leiría (Portugal) tenta combater a exclusión social da comunidade de persoas inmigradas por medio da aprendizaxe de linguas.
Fonte: Observador
Un estudo revela que, entre 2009 e 2014, a lingua portuguesa é a que máis medrou en número de alumnos nas universidades dos EUA.
Fonte: Observador
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) é a responsable da concesión do Premio AELG 2015 'Institucións' pola defensa do galego levada a cabo polo Colexio de Xornalistas de Galicia e pola Asociación de Medios en Galego.
Fonte: Europa Press
Segundo a base de datos de videoxogos vascos Minimap, o 28,3 % dos xogos desenvolvidos no País vasco son en éuscaro.
Fonte: Vascopress
O Concello de Zaratamo, unha das poucas localidades do País Vasco que non contaba con un, aprobou o seu primeiro Plan de normalización de uso do éuscaro.
Fonte: Deia
Un grupo de intelectuais creou un centro de encontro para reivindicar o referente cultural que supón Cataluña en España, así como para potenciar a realidade lingüística da comunidade autónoma.
Fonte: El País
A cidade de Xirona converteuse na nova sede da Catosfera, a reunión anual de usuarios da rede catalá.
Fonte: El Periódico
A agrupación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg mostrou a súa oposición a un informe que recomenda o peche de dúas escolas de ensino en galés, Ysgol Llangynfelyn e Ysgol Cwmpadarn, no condado de Ceredigion.
Fonte: Wales Online
O municipio xudeu de Tel Aviv-Jafa abrirá unha clase bilingüe hebreo-árabe na escola primaria Kiryat Hinuch Yaffo. A iniciativa correrá a cargo dunha asociación sen ánimo de lucro.
Fonte: Haaretz
O Parlamento Europeo presentou unha folla de ruta para garantir a supervivencia das linguas minoritarias na Unión Europea. Ao acto acudiron representantes do Instituto Navarro do Éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
Subscríbase ao boletín