A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a proxección exterior do libro e da literatura galega cunha nova convocatoria de subvencións á tradución.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a proxección exterior do libro e da literatura galega cunha nova convocatoria de subvencións á tradución.
Fonte: Xunta de Galicia
As consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, presentaron unha nova edición de Lingua de namorar, o concurso de mensaxes de amor dirixido á mocidade que ten como finalidade principal dinamizar o uso do galego nas relacións persoais e na internet.
Fonte: Xunta de Galicia
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) é a impulsora desta campaña que está vinculada á plataforma Agasallo.eu.
Fonte: CTNL
O buscador Optimot, un servizo da Dirección Xeral de Política Lingüística de Cataluña que ofrece información sobre cuestións lingüísticas ademais de atención personalizada, estrea perfil en Twitter.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O festival Kultur Maratila, de teatro en éuscaro, celébrase na localidade biscaíña de Leioa desde 2012 co obxectivo de promocionar as artes escénicas en éuscaro.
Fonte: Deia
Os resultados do censo xeral de 2012 de Santo Tomé e Príncipe mostran que o uso das linguas tradicionais forro, angolar e lunguié está en declive no país insular africano.
Fonte: Voa
A presidenta do Camões – Instituto da Cooperación e da Lingua Portuguesa, Ana Paula Laborinho, declarou que o 85 % do orzamento do ensino en lingua portuguesa se destina ao continente europeo.
Fonte: RTP Notícias
O Centro de Linguas Modernas pon en marcha un ano máis esta iniciativa que ten como obxectivo a práctica de idiomas sen profesorado e dun xeito informal.
Calcúlase que foron máis de 20 000 as persoas que acudiron a esta marcha convocada pola plataforma Queremos Galego.
Fonte: Galicia Hoxe
Carlos Varela anima os avogados galegos a presentaren as súas demandas en lingua galega e demanda máis instrumentos para exercer a profesión de xurista neste idioma.
Fonte: Galicia Hoxe
Subscríbase ao boletín