Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    09 de febreiro de 2015

    O Instituto Galego de Estatística (IGE) vén de publicar a Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación, a través da cal se pode, por primeira vez, coñecer a evolución histórica dos nomes en función da localidade, o xénero ou a década (dende antes de 1930 ata a década actual).

    Fonte: Xunta de Galicia

    09 de febreiro de 2015

    A ferramenta Business in Catalan está destinada ao mercado internacional e pretende dar a coñecer o alcance da lingua catalá e as leis que a regulan.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    09 de febreiro de 2015

    O Concello de Hondarribia anunciou un incremento do 4,5 % no orzamento destinado á área de éuscaro, que contará este ano con 650 031 euros.

    Fonte: Noticias de Empresas

    06 de febreiro de 2015

    Un informe presentado polo Goberno de Escocia recomenda que en 2020 todos os alumnos do ensino primario aprendan tres linguas.

    Fonte: Evening Express

    06 de febreiro de 2015

    A presidenta do Instituto Camões, Ana Paula Laborinho, anunciou a posibilidade de crear unha cátedra de lingua portuguesa na Universidade de Goa (India).

    Fonte: Público

    06 de febreiro de 2015

    A compañía aérea Air Canada aplicou ata agora só unha das doce recomendacións presentadas polo comisario de Linguas Oficiais en 2011 sobre o uso do inglés e o francés.

    Fonte: The Star

    06 de febreiro de 2015

    O presidente da Asemblea Nacional de Angola quere que a constitución do país se divulgue nas linguas nacionais.

    Fonte: ANGOP

    06 de febreiro de 2015

    A webserie, que leva por título Mírame cuando te hablo, está producida pola asociación Idendeaf para persoas xordas. A primeira tempada conseguiu en YouTube máis de 100 000 reproducións.

    Fonte: El Correo Gallego

    06 de febreiro de 2015

    A convocatoria, promovida pola Escola Galega de Administración Pública, inclúe varios cursos de temática lingüística.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    06 de febreiro de 2015

    O Departamento de Política Lingüística do Goberno Vasco reclamoulle á Unión Europea que o éuscaro e outras linguas minoritarias sexan consideradas oficiais nesta institución.

    Fonte: El País

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder