Segundo as estimacións de especialistas na materia, 60 linguas indíxenas corren o risco de desaparecer no Brasil, o que representa o 30 % do total estimado de idiomas falados no país.
Fonte: Cruzeiro do Sul
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Segundo as estimacións de especialistas na materia, 60 linguas indíxenas corren o risco de desaparecer no Brasil, o que representa o 30 % do total estimado de idiomas falados no país.
Fonte: Cruzeiro do Sul
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e con OQOeditora, convoca unha nova edición do concurso de curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”.
Fonte: Xunta de Galicia
A Xunta de Galicia comparte a vontade expresada na declaración institucional dada a coñecer pola Real Academia Galega (RAG) de garantir o futuro da lingua propia de Galicia e aposta por manter o seu compromiso para crear actitudes positivas cara ao galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Nunha enquisa realizada polo Centro de Estudos de Opinión, os cidadáns cataláns consideran a política lingüística da Generalitat como a mellor das levadas a cabo polo goberno catalán.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Dada a tendencia á alta das matrículas do modelo D dos últimos anos e os bos resultados obtidos polos estudantes deste modelo, espérase un incremento dos nenos de 3 anos na educación en éuscaro en Navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
O Centro de Linguas da Universidade do Algarve ofrece novos cursos de linguas para o segundo semestre deste ano académico.
Fonte: Sulinformação
O mapa Wordmap mostra a tradución dunha determinada palabra nas diferentes linguas do mundo e a extensión das diferentes familias lingüísticas no planeta.
Fonte: Daily Mail
O Concello de Pontevedra pon en marcha o programa Ponte a Europa, co que se pretende dinamizar o uso do galego a través de conversas entre escolares de 5º e 6º de Primaria e estudantes universitarios de lingua galega de diferentes países europeos.
Fonte: Concello de Pontevedra
A asociación Iniciativa polo Asturiano e a Academia da Lingua Asturiana pediron a oficialidade desta lingua para evitar discriminacións cara a ela como as denunciadas no informe da Rede Europea de Igualdade Lingüística.
Fonte: Te Interesa
O Concello de Logroño ofrece un servizo de interpretación de lingua de signos para facilitar a accesibilidade ás xestións e documentos municipais da poboación xorda.
Fonte: Es Rioja
Subscríbase ao boletín