As escolas bolivianas empezarán a impartir clases de cinco novas linguas orixinarias: chiquitano, uru, afroboliviano, ignaciano e guaraio.
Fonte: Erbol
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As escolas bolivianas empezarán a impartir clases de cinco novas linguas orixinarias: chiquitano, uru, afroboliviano, ignaciano e guaraio.
Fonte: Erbol
A manifestación en defensa da lingua galega celebrarase o vindeiro 8 de febreiro en Santiago de Compostela.
Fonte: Galicia Hoxe
A Secretaría Xeral de Medios publica no DOG a convocatoria de axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.
Fonte: Xunta de Galicia
O Concello de Ortuella participará na campaña Nahi dudalako para promover o éuscaro entre a mocidade e intentar que continúen estudando nesta lingua ao rematar a ESO.
Fonte: Deia
En 2014, o número de páxinas do dominio .cat aumentou nun 17 %, mentres que as páxinas .es só aumentaron nun 3,46 %.
Fonte: Economía Digital
Na provincia canadense de Nova Escocia, habitada por moitos descendentes escoceses, o estudo do gaélico escocés nas escolas públicas está acadando gran popularidade. O que comezou cun simple curso extraescolar é agora unha materia troncal en sete centros educativos da provincia.
Fonte: CBC News
BBC Mundo ofrecerá un novo programa de formación para xornalistas británicos que falen inglés e unha das 28 linguas que emprega habitualmente este servizo de noticias.
Fonte: News on news
O Salón Teatro acolle a campaña escolar que a compañía Talía Teatro desenvolverá en Santiago con ‘Bicos con lingua’ e ‘Pelos na lingua’, os seus dous espectáculos sobre o galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Esta asociación levou a cabo unha peregrinación reivindicativa por un tramo do Camiño de Santiago para reclamar unha maior concienciación sobre a situación do galego.
Fonte: Galicia Confidencial
O BNG demanda que se poñan en marcha actividades para promover a lingua galega o vindeiro 24 de febreiro aproveitando a celebración do día de Rosalía de Castro.
Fonte: La Voz de Galicia
Subscríbase ao boletín