As universidades estadounidenses de Massachusetts Lowell e de Brown, en Rhode Island, contratarán docentes para impartir cursos sobre diferentes aspectos da cultura e da lingua portuguesas.
Fonte: Jornali
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
As universidades estadounidenses de Massachusetts Lowell e de Brown, en Rhode Island, contratarán docentes para impartir cursos sobre diferentes aspectos da cultura e da lingua portuguesas.
Fonte: Jornali
Un lingüista da Universidade de Columbia (EUA) defende que o 90 % das linguas que hoxe se falan no mundo desaparecerá no próximo século.
Fonte: Visão
Nas novas placas dos sinais de vao a información figurará en galego e en castelán.
Fonte: La Voz de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá un paso máis no desenvolvemento da segunda edición do proxecto de dinamización lingüística Dragal ao organizar entre o 19 e o 29 de xaneiro visitas da escritora Elena Gallego Abad, autora da triloxía en que se basea o proxecto, aos 11 CPI e institutos participantes, duplicando case o número do curso pasado.
Fonte: Xunta de Galicia
O luns 19 de xaneiro comezaron as tres actividades para o alumnado de Infantil: “Paseniño coa lingua”, “Nano e Dara” e “Son San”.
Fonte: Vigo en Galego
Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) pedirá no Parlamento que se cree unha comisión sobre l situación da lingua galega.
Fonte: Faro de Vigo
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da súa Secretaría Xeral de Política Lingüística, colabora con catro concellos da Rede de Dinamización Lingüística na nova campaña de promoción do uso do galego “Terras de Melide e A Ulloa. Antes e agora en galego”.
Fonte: Xunta de Galicia
O Centro de Normalización Lingüística de Barcelona celebra ter ensinado catalán a medio millón de persoas á vez que cumpre o seu vinte e cinco aniversario.
Fonte: ABC
O Centro Pedagóxico e Científico da Lingua Portuguesa de Macau comezará a formar docentes de portugués en China.
Membros da agrupación a prol da lingua galesa Cymdeithas yr Iaith Gymraeg reuníronse nun encontro público na vila galesa de Carmarthen para analizar o futuro e fortalecemento da lingua galesa no municipio.
Fonte: Carmarthen Journal
Subscríbase ao boletín