O obxectivo da campaña é difundir entre a poboación a idea de que o único topónimo oficial é Vila-real.
Fonte: Levante-emv
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O obxectivo da campaña é difundir entre a poboación a idea de que o único topónimo oficial é Vila-real.
Fonte: Levante-emv
Con esta reclamación preténdese que o profesorado desta materia estea nas mesmas condicións que os docentes que imparten outras especialidades.
Fonte: El Comercio
Con motivo da conferencia internacional sobre a lingua e a cultura do pobo brahui, celebrada en Islamabad (Paquistán), un grupo de expertos lingüistas defendeu que a lingua brahui, da que proceden as linguas drávidas da civilización do Indo, é unha das máis antigas do mundo.
Fonte: Pakistan Today
O primeiro ministro de Guinea-Bisau pretende que o portugués se converta en lingua de traballo da Unión Económica e Monetaria da África Occidental.
Fonte: RFI
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na homenaxe que a Universidade de Santiago en colaboración co Foro Peinador lle rendeu a Isidro Parga Pondal, co gallo da celebración do Día da Galeguidade Empresarial.
Fonte: Xunta de Galicia
HABE, organismo de alfabetización e euscaldunización de adultos, ten acordos con 80 colectivos vascos de todo o mundo que permiten que arredor de 2200 persoas aprendan éuscaro.
Fonte: ABC
Os internautas elixiron a emisión da serie infantil ‘Os Bolechas’ dobrada ao asturiano como a mellor nova do ano para esta lingua.
Fonte: Asturnews
Se as familias dos estudantes así o desexan, o sardo podería ensinarse nas escolas de Sardeña, grazas a un investimento de tres millóns de euros. Así o establece ademais a proposta de lei para o ensino do idioma insular que se presentou no Consello Rexional de Sardeña.
Fonte: L'Unione Sarda
A Unión Nacional "Pro Loco" de Italia (UNPL, polas súas siglas italianas) organiza a terceira edición do Día do Dialecto e das Linguas Locais co fin de sensibilizar acerca do valor do patrimonio lingüístico italiano.
Fonte: H24 Notizie
O portal Ciberdúvidas, cuxa función é aclarar dúbidas relacionadas coa lingua portuguesa, acaba de cumprir 18 anos.
Fonte: Público
Subscríbase ao boletín