A ferramenta de tradución automática Google Tradutor introducirá unha nova actualización que permitirá traducir contido oral en tempo real ou texto enfocado con cámaras de teléfonos móbiles.
Fonte: Sapo
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A ferramenta de tradución automática Google Tradutor introducirá unha nova actualización que permitirá traducir contido oral en tempo real ou texto enfocado con cámaras de teléfonos móbiles.
Fonte: Sapo
Proximamente iniciarase un período de consulta pública en Irlanda do Norte que pretende recadar propostas acerca da nova lexislación sobre a lingua irlandesa. A ministra de Cultura, Carál Ní Chuilín, declarou no parlamento que aprobará o borrador da nova lei a principios de febreiro.
Fonte: BBC
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística presenta a campaña Presume de Galego, que ten como obxectivo que os galegofalantes máis novos poñan en valor o uso que fan da lingua.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A obra, editada por Sogama e realizada pola luguesa Agronovo Ecoloxía, facilita a adopción deste tipo de cultivo mediante ferramentas prácticas, como, por exemplo, calendarios de cultivos para a Galicia costeira e o interior e consellos para unha óptima organización das hortas.
Fonte: Galicia Confidencial
O conselleiro de Educación do Goberno de Navarra, José Iribas, puxo de manifesto que “o incremento da poboación bilingüe (castelán-éuscaro) é unha realidade, sobre todo nas idades novas”, pero que “se constata que hai un escaso reflexo no uso do éuscaro en casa”.
Fonte: Noticias de Navarra
A Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada conta actualmente con 1600 alumnos, pero mantén no aire o futuro de dous idiomas, o galego e o portugués, que este ano quedaron sen primeiros cursos ao non haber demanda suficiente. Ademais de dar un impulso a ambas as linguas, o segundo obxectivo inmediato é conseguir incluír na súa oferta actual o italiano.
Fonte: Diario de León
O programa de dinamización lingüística Nadal en Rede 2014 concluíu estes días logo de percorrer máis de 60 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.
Fonte: Xunta de Galicia
O BNG de Santiago pediulle ao Concello da cidade que se cambie o letreiro identificativo do nome da antiga curtiduría que se está a rehabilitar en Pontedriña de Arriba, situada ao lado do paseo do Sarela.
Fonte: El Correo Gallego
O deputado á Asemblea Lexislativa de Macau, Lau Veng Seng, defendeu a valorización da lingua e cultura portuguesas en Macau e considerou a comunidade portuguesa ou de orixe portuguesa un "compoñente moi importante no desenvolvemento do territorio".
Fonte: Dnoticias
Do 16 ao 18 de xaneiro celébrase a terceira edición do festival "Cinema Bioscoop - Festival de Cinema en Lingua Neerlandesa" que ten como obxectivo a divulgación da lingua e a cultura dos países onde se fala. O encontro cinematográfico terá lugar en Lisboa, no Cinema São Jorge e na Cinemateca Portuguesa.
Fonte: Jornal Hardmusica
Subscríbase ao boletín