O concerto de fados en galego ‘Os sons do vento que pasa’ chega esta semana a dous novos concellos da man do FalaRedes 2014.
Fonte: Xunta de Galicia
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
O concerto de fados en galego ‘Os sons do vento que pasa’ chega esta semana a dous novos concellos da man do FalaRedes 2014.
Fonte: Xunta de Galicia
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, acompañado polos secretarios xerais de Cultura e Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García, respectivamente, inaugurou a VI Bienal Literaria que rende homenaxe ás letras galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de apertura das I Xornadas Fermín Bouza Brey das Letras Galegas, centradas nesta edición na figura do autor homenaxeado en 2014 pola Real Academia Galega baixo o título “Xosé María Díaz Castro. Poeta Chairego”.
Fonte: Xunta de Galicia
O xurado dos premios á Calidade Lingüística na modalidade de traballos académicos correspondentes ao curso 2013-2014 acaba de facer público o seu ditame.
O Encontro Ibérico de Tradutores de Software Libre en Linguas Minorizadas celébrase entre os días 4 e 5 de outubro. Nas xornadas, organizadas polos responsables do Proxecto Trasno, participarán diversos grupos de tradución de ferramentas TIC (galegos, vascos, cataláns, asturianos e aragoneses).
Fonte: Código Cero
O Encontro Ibérico de Tradutores de Software Libre en Linguas Minorizadas celébrase entre os días 4 e 5 de outubro. Nas xornadas, organizadas polos responsables do Proxecto Trasno, participarán diversos grupos de tradución de ferramentas TIC (galegos, vascos, cataláns, asturianos e aragoneses).
Fonte: Código Cero
A porcentaxe de falantes de valenciano será inferior ao 10 por cento en 2050 se se mantén a actual política lingüística, segundo asegura un estudo realizado por Clara Miralles Vila, unha estudante de Física da Universidade de Valencia que realizou un traballo fin de grao dirixido polo profesor Manel Perucho baseado en métodos matemáticos, segundo informou a institución académica.
Fonte: Levante-emv
Os gobernos central e vasco pecharon un acordo “parcial” sobre a aplicación da Lei orgánica para a mellora educativa (Lomce) que “salvagarda” a capacidade do País Vasco para determinar a aprendizaxe do éuscaro nas aulas e garante o papel “relevante” dos consellos escolares en Euskadi.
Fonte: El Correo Gallego
Nace un bebé en Lisboa que promete facer historia ao converterse na primeira persoa que recibe oficialmente un nome propio mirandés, polo menos desde o recoñecemento desta lingua como segundo idioma oficial de Portugal, hai agora 15 anos. Chámase Lhuzie e a atribución do seu nome pode abrir as portas a quen queira dar nomes mirandeses aos fillos.
Fonte: Jornali
A medida que se fortalecen os vínculos entre China e o Brasil, cada vez máis brasileiros se interesan pola lingua e cultura chinesas. Malia as dificultades, todos os indicios apuntan a que a lingua asiática está entrando nun período próspero no Brasil, despois da recente creación da primeira escola bilingüe portugués-chinés no estado de Río de Janeiro.
Fonte: China Daily
Subscríbase ao boletín