Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    06 de outubro de 2014

    O viceconselleiro vasco de Política Lingüística, Patxi Baztarrika, anunciou que o Goberno vasco vai implantar o modelo B e impulsar o modelo D, a oferta educativa en éuscaro, na Formación Profesional (FP).

    Fonte: Europa Press

    06 de outubro de 2014

    O diario El País estrea edición dixital en catalán (elpais.cat), o que supón unha aposta por esta lingua deste medio que xa contaba con información en catalán na súa edición en papel.

    Fonte: Generalitat de Catalunya

    06 de outubro de 2014

    Para poder facer unha análise íntegra do sexismo lingüístico cómpre ter en conta tanto o sexismo directo como o indirecto, toda unha serie de prácticas moi sutís e non sempre doadas de detectar que, debido a isto precisamente, se seguen estendendo e dificultan o camiño para chegar a acadar un imaxinario colectivo moito máis igualitario.

    Fonte: Universidade de Vigo

    03 de outubro de 2014

    O hospital Ysbyty Cwm Rhondda designou unha sala específica para ofrecer asistencia médica aos pacientes que queiran expresarse en lingua galesa. Trátase dunha medida dun proxecto piloto que se está a aplicar no val de Rhondda, no sur de Gales.

    Fonte: Wales Online

    03 de outubro de 2014

    A aposta polo turismo e o ensino do portugués son dúas maneiras de afondar as “sólidas relacións” entre Portugal e Tunisia, afirmou o secretario de Estado de Asuntos Exteriores tunisiano. No ámbito estritamente lingüístico, o Goberno do país africano declarou que pretende introducir o ensino do portugués na educación secundaria.

    Fonte: Mundo Português

    03 de outubro de 2014

    A Confederación de Anpas Galegas pídelle á Xunta que consiga un acordo como o pactado entre o Goberno central e o vasco de interpretación da Lomce, que permite "regular integramente o ensino da lingua propia".

    Fonte: El Correo Gallego

    03 de outubro de 2014

    A escola Ysgol Gymraeg Aberystwyth, o primeiro centro de ensino en lingua galesa do País de Gales, celebrou o seu 75 aniversario. Moitos dos seus primeiros estudantes e algúns profesores e directores estiveron presentes nos actos para conmemorar tal acontecemento histórico.

    Fonte: Cambrian News

    03 de outubro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto no que se deu a coñecer a obra gañadora da pasada edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio: Da natureza de escritores, artistas e vermes, de José María Durán Medraño, celebrado na Libraría compostelá Pedreira.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de outubro de 2014

    A lingua portuguesa é a quinta máis usada en internet, nunha lista das dez máis empregadas divulgada pola empresa estatística Internet World Stats. A lingua inglesa continúa no primeiro lugar e o chinés ocupa a segunda posición mais con menor distancia respecto á última avaliación. Na terceira e cuarta posicións están o español e o árabe. Esta última protagonizou o maior incremento desde o ano 2000.

    Fonte: Público

    03 de outubro de 2014

    A aplicación para móbiles das Guías de Conversación Universitaria incorporou dos idiomas máis, o ruso e o chinés. Esta ferramenta foi creada pola Secretaría de Universidades e Investigación da Generalitat en colaboración coa Universidade de Barcelona para facilitar a estancia en Cataluña dos estudantes universitarios que veñen do estranxeiro e a dos cataláns que van formarse no estranxeiro.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder