Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de decembro de 2014

    O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña e o Departamento de Educación, Política Lingüística e Cultura do Goberno vasco asinaron un convenio de colaboración entre os seus centros de documentación especializados en aspectos sociais da lingua, considerados os máis importantes de toda Europa: o Centro de Documentación, da Dirección Xeral de Política Lingüística, por parte catalá, e HABE Liburutegia, por parte vasca.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    31 de decembro de 2014

    A viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco destinará 45,6 millóns de euros para subvencionar sete convocatorias en distintos ámbitos e unha serie de axudas especiais para proxectos específicos. As partidas mantéñense na mesma liña có ano pasado, coa excepción dun aumento do 25 % nas subvencións individuais para o alumnado de euskaltegis.

    Fonte: Noticias de Gipuzkoa

    30 de decembro de 2014

    O Ministerio de Educación italiano convoca, para o ano académico 2015-2016, 272 prazas de auxiliar de lingua italiana no estranxeiro. As persoas escollidas para desempeñar esta función axudarán os docentes de lingua italiana en institucións educativas dos países de destino. O obxectivo dos auxiliares será espallar o coñecemento da lingua e cultura italianas no estranxeiro.

    Fonte: Tecnica della Scuola

    30 de decembro de 2014

    O número de estudantes de portugués nas escolas comunitarias e de ensino regular dos Estados Unidos ascendeu a 17 836 no ano lectivo 2014-2015, segundo cifras do Instituto Camões. En total, son 2580 alumnos máis en relación ao ano lectivo anterior.

    Fonte: Jornali

    30 de decembro de 2014

    A transmisión lingüística interxeracional do aranés está garantida aínda que adopta formas multilingües. Este feito explícase pola situación de multilingüismo que se vive neste territorio, onde poden distinguirse catro grupos lingüísticos: o 45,4 % identifícase co castelán; o 21,7 % co aranés, o 16,7 % co catalán e o 15,7 % con outras linguas.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    30 de decembro de 2014

    A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística acordou remitirlle ao Ministerio de Educación dous documentos para potenciar o uso e o recoñecemento dos idiomas cooficiais nas publicacións científicas, dúas propostas que foron asinadas polos reitores das tres universidades galegas.

    Fonte: Praza Pública

    30 de decembro de 2014

    As asociación en defensa da lingua leonesa El Teixu, Furmientu e Faceira denuncian nun informe para o Consello de Europa que tanto o Estado como a Junta de Castela e León incumpren a Carta Europea das Lingua Rexionais ou Minoritarias.

    Fonte: Ileón

    30 de decembro de 2014

    O novo director da Real Academia Española (RAE), Darío Villanueva, considerou necesario "coidar que non se perda" a transmisión da lingua galega "nas familias" para garantir o seu uso no futuro.

    Fonte: Galicia Hoxe

    30 de decembro de 2014

    MaOs Innovación Social xa ten a súa primeira revista en galego na rede despois de constituírse en marzo de 2014 como cooperativa.

    Fonte: Galicia Confidencial

    30 de decembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria clausurou no concello ourensán de Celanova a ampla programación posta en marcha pola Xunta de Galicia arredor do poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder