Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    30 de decembro de 2014

    O novo director da Real Academia Española (RAE), Darío Villanueva, considerou necesario "coidar que non se perda" a transmisión da lingua galega "nas familias" para garantir o seu uso no futuro.

    Fonte: Galicia Hoxe

    30 de decembro de 2014

    MaOs Innovación Social xa ten a súa primeira revista en galego na rede despois de constituírse en marzo de 2014 como cooperativa.

    Fonte: Galicia Confidencial

    30 de decembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria clausurou no concello ourensán de Celanova a ampla programación posta en marcha pola Xunta de Galicia arredor do poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    30 de decembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha unha ampla oferta de actividades programadas no marco da campaña Nadal en Rede 2014, que promove a Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de decembro de 2014

    Con motivo dunha conferencia organizada pola Coalición nacional pola lingua árabe, o ministro marroquí de Relacións co Parlamento e a Sociedade Civil, El Habib Choubani, declarou que a nova Constitución de Marrocos recoñece o árabe e o tamazight como linguas oficiais do reino e protexe os outros dialectos que se falan no país.

    Fonte: Atlas Info

    29 de decembro de 2014

    A Universidade do Ulster alertou que a falta de titulados en linguas estranxeiras está forzando as empresas internacionais que operan en Irlanda do Norte a contratar traballadores no estranxeiro. O xefe de linguas modernas da universidade, David Barr, declarou que a causa do problema é a non obrigatoriedade de cursar idiomas no ensino secundario.

    Fonte: BBC

    29 de decembro de 2014

    Iniciativa polo Asturiano fíxolle chegar á Casa do Rei a súa “queixa” porque “o xefe de Estado, Felipe VI, non usara o asturiano xunto ao resto das linguas do Estado” ao desexar Bo Nadal no seu discurso de Noiteboa.

    Fonte: 20 Minutos

    29 de decembro de 2014

    Un total de 158 municipios dos 542 que forman parta da Comunidade Valenciana, é dicir un 30 %, contan xa con denominación oficial exclusivamente en valenciano, segundo os datos recollidos pola Dirección Xeral de Administración Local da Consellería de Presidencia e Agricultura, Pesca, Alimentación e Auga.

    Fonte: Levante-emv

    26 de decembro de 2014

    Máis de 26 000 persoas achegáronse ao galego no seu tempo de lecer este ano grazas ao FalaRedes 2014, o programa de dinamización lingüística promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

    Fonte: Xunta de Galicia

    26 de decembro de 2014

    En México hai 106 millóns que teñen o español como idioma principal. Porén, hai outros 6,7 millóns de persoas que utilizan algunha lingua indíxena para comunicarse. A maioría destas persoas reside en cinco estados (Oaxaca, Chiapas, Veracruz, Puebla e Iucatán) que concentran case o 60 por cento dos falantes indíxenas, segundo cifras do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inegi).

    Fonte: ADN Sureste

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder