Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    18 de setembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza en Madrid as Xornadas Internacionais UCM-UNED 2014 “Literatura galega: identidade, alteridade e exilio”, por medio do Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade Complutense de Madrid, dependente da Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de setembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, participou na mesa inaugural do IX Ciclo de mesas redondas “Escritores na Universidade” que se celebra ata o 8 de outubro na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de setembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, apoia a posta en valor da figura e da obra do intelectual lugués Manuel Rodríguez López.

    Fonte: Xunta de Galicia

    18 de setembro de 2014

    A mingua horaria do profesorado impedirá a alumnos a alumnas de Bacharelato do IES J.J. Calvo Miguel de Sotrondiu cursar asturiano neste centro, segundo denunciou a Asociación de Pais e Nais.

    Fonte: Asturnews

    18 de setembro de 2014

    O Instituto de Estudos Cataláns, Òmnium Cultural e a Plataforma pola Lingua denunciaron durante a presentación do VII Informe sobre a Lingua Catalá “unha involución sen precedentes” contra este idioma a partir da creación dun “novo marco legal” estatal e autonómico.

    Fonte: El Periódico de Extremadura

    17 de setembro de 2014

    Os habitantes do cantón suízo de Lucerna pronunciaranse sobre a supresión dunha lingua estranxeira da escola primaria. Representantes de diferentes partidos políticos e a asociación de docentes do cantón recolleron máis de 7000 sinaturas para apoiar a iniciativa.

    Fonte: RTS

    17 de setembro de 2014

    A Comisión Técnica do Inventario Nacional da Diversidade Lingüística do Brasil (INDL), pertencente ao Instituto de Patrimonio Histórico e Artístico Nacional, incluíu dúas linguas indíxenas (o asurini da terra de Trocará e o guaraní mbyá) na lista de referencias culturais brasileiras.

    Fonte: EBC

    17 de setembro de 2014

    Iniciarse ou perfeccionar a fala do inglés, francés e italiano serán os obxectivos dos cursos que organiza a Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense.

    Fonte: La Voz de Galicia

    17 de setembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Santiago de Compostela a obra de teatro infantil “As fabas máxicas”, que este domingo se poderá ver na capital galega no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2014.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de setembro de 2014

    Jordi Portabella, membro de Esquerra Republicana de Cataluña, preguntoulle ao goberno do Concello de Barcelona cantas familias solicitaron ao Consorcio de Educación de Barcelona que os seus fillos sexan escolarizados en castelán e a porcentaxe que representan. O concelleiro de educación, Gerard Ardanuy, explicouno: 16 solicitudes sobre o total de 176 000 alumnos, un 0,009 %.

    Fonte: La Vanguardia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder