Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    23 de decembro de 2014

    Cos obxectivos de promover a euscaldunización do sur navarro e a de facilitar o consumo de produtos locais e impulsar a súa produción naceu o ano pasado a campaña de inverno de Errigora, que consiste na distribución e venda de cestas cheas de artigos gastronómicos da zona. Preto do 25 % da recadación destinarase á melloría da situación do éuscaro no sur de Navarra.

    Fonte: Noticias de Navarra

    23 de decembro de 2014

    O Consello de Goberno vasco aprobou unha Orde pola que se convocan subvencións, por un importe global de 146 250 euros, para realizar cursos de reforzo en lingua estranxeira en centros privados concertados e en centros públicos de titularidade municipal que imparten ciclos correspondentes ao curso 2014-2015.

    Fonte: 20 minutos

    23 de decembro de 2014

    O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, acolleu a homenaxe aos tradutores da primeira Biblia completa en galego a partir dos textos e idiomas orixinais de redacción.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de decembro de 2014

    O Concello do Grove indicou que os Reis Magos contactaron estes días co Servizo de Normalización Lingüística para animar a todos os cativos da localidade a enviar as cartas en galego.

    Fonte: Faro de Vigo

    23 de decembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou o proxecto ‘A viva voz’, o primeiro manual da voz en formato cómic, da autoría da xornalista Isabel Pichel.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de decembro de 2014

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do libro-disco ‘Cantos que veñen de lonxe’, xunto co escritor e académico da lingua galega Xosé Neira Vilas.

    Fonte: Xunta de Galicia

    23 de decembro de 2014

    As consellerías de Traballo e Benestar e de Cultura e Educación, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, respectivamente, deron a coñecer ‘Un Nadal mozo e en galego. Guía de agasallos para a xente nova’, a nova proposta dixital coa que a Xunta de Galicia quere animar a cidadanía, nomeadamente a mocidade e as familias novas, a apostar nestas datas festivas por agasallar produtos galegos e en galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    22 de decembro de 2014

    Os funcionarios da maioría Han que vivan en rexións onde existen outras etnias deben facer o esforzo por falar as linguas nativas, declarou o Goberno chinés. China conta con máis de 50 grupos étnicos e moitos posúen os seus propios trazos culturais e van desde etnias con moita poboación, como os tibetanos ou os mongois, ata outras moi minoritarias con linguas en perigo de desaparición, como os evenques.

    22 de decembro de 2014

    O Sindicato de Profesores das Comunidades Lusíadas (SPCL) afirma que o Instituto Camões está a exercer presión sobre os docentes de ensino de portugués no estranxeiro para que aumenten a hora lectiva destes cursos en Alemaña.

    22 de decembro de 2014

    Coa chegada do Nadal, a iniciativa Zinegabonak aterra un ano máis nas salas de cine vascas. Nesta segunda edición, tras o éxito obtido o ano pasado, o ciclo de cine en éuscaro dedicado aos mais pequenos chega renovado e con forza, co fin de “profundar, desenvolverse e expandirse”, explicou o viceconselleiro de Cultura, Xuventude e Deportes, Joxean Muñoz, no acto de presentación.

    Fonte: Deia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder