Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de decembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou en Donostia Nimbos / Argi-koroak, a edición bilingüe galego-éuscaro da obra diazcastriana coa que a Xunta de Galicia pecha a ampla programación de actividades e de proxectos postos en marcha co gallo da celebración das Letras Galegas 2014, dedicadas a Xosé María Díaz Castro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de decembro de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames organiza o VIII Concurso de cartas de Nadal. Todos os/as nenos/as de Ames que queiran participar neste concurso deben depositar as súas cartas, escritas en galego, nas caixas de correo real distribuídas por diferentes lugares do concello antes do 18 de decembro.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    17 de decembro de 2014

    Un grupo de afeccionados vascos aos videoxogos crearon a comunidade Game Erauntsia, un espazo web para compartir a súa afección por este ocio electrónico, que ten como única premisa que os contidos e a comunicación entre os membros ten que ser en éuscaro.

    Fonte: Vascopress

    17 de decembro de 2014

    A Área de Éuscaro e Xuventude do Consistorio de Bilbao presentou a aplicación móbil Galdeketaun, deseñada pola web cultural www.nontzeberri.com e orientada a promover o uso da lingua vasca entre os adolescentes bilbaínos de 12 a 17 anos.

    Fonte: El Correo

    17 de decembro de 2014

    Un total de 188 514 persoas que non tiña o catalán como lingua oficial no Camp de Tarragona sabe falalo actualmente. A cifra resulta da diferenza entre as persoas que o saben falar (345 911) e as que teñen o catalán, só ou compartido co castelán, como lingua primeira (157 397).

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    16 de decembro de 2014

    Cortana, unha aplicación de Microsoft que funciona como un asistente persoal con intelixencia artificial, estará dispoñible a partir de agora en alemán, español, francés e italiano. A aplicación ofrece recoñecemento de voz, o que significa que a expansión para novos mercados require o dominio da lingua local de cada país.

    Fonte: Público

    16 de decembro de 2014

    A nova directora executiva do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) afirmou que a institución vai procurar maior visibilidade en Cabo Verde, onde ten sede, utilizando, para tal, outras entidades que promoven o idioma de Camões.

    Fonte: Sapo Notícias

    16 de decembro de 2014

    A plataforma Linguakit, un innovador portal multilingüe de análise textual (en galego, castelán, inglés e portugués), vén de ser incorporada pola rede universitaria iberoamericana RedEmprendia, que xa a ten integrada na web de seu.

    Fonte: Código Cero

    16 de decembro de 2014

    A Universidade de Vigo pon en marcha o Dicionario de Sinónimos do Galego, unha aplicación móbil coa que se poden consultar máis de 200 000 voces en galego. Esta ferramenta está dispoñible de balde na Play Store para dispositivos con Android e tamén na tenda de produtos de Apple.

    Fonte: Código Cero

    16 de decembro de 2014

    O Centro de Documentación da Dirección Xeral de Política Lingüística ofrece un novo servizo de préstamo de DVD de filmes, series e documentais dobrados e/ou subtitulados en catalán. O fondo ten 538 audiovisuais distribuídos en cinco categorías: filmes, documentais, infantil, series e interactivos.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder