Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de decembro de 2014

    Un estudo elaborado polo portal brasileiro de emprego Catho revelou que o 27,1 % dos profesionais brasileiros afirma non ter ningún coñecemento da lingua inglesa. Unicamente o 12,2 % posúe un nivel fluído ou avanzado e só o 3,9 % fala e escribe a lingua con fluidez.

    Fonte: A Crítica

    12 de decembro de 2014

    Coñecer cales son os atractivos e interese que pode ter o galego no panorama académico de fóra de Galicia. Este é o principal obxectivo do seminario internacional “Estudos Galegos/Estudos Ibéricos. Alén das fronteiras”, que se desenvolverá na sede do Consello da Cultura Galega entre os días 17 e 19 de decembro.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de decembro de 2014

    O concerto de fados ‘Os sons do vento que pasa’ despide esta semana a súa exitosa xira no marco do FalaRedes 2014, o programa de fomento do galego promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística co que chegou a 36 concellos de toda Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de decembro de 2014

    A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, e o vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, Evaristo Rodríguez Carracedo, deron a coñecer os gañadores da XV edición dos Premios Manuel Beiras. Conxelados José Bermúdez, Promove Consultoría e Formación e a Asociación Puntogal serán os galardoados nesta ocasión.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    11 de decembro de 2014

    A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo (FECIMO) organiza, no marco da campaña de Nadal 2014, a xincana infantil “Os caza-palabras”, dirixida a nenas e nenos de entre 4 e 14 anos. Trátase dunha actividade lúdica relacionada coa lingua galega (os participantes terán que “cazar” a palabra escrita correctamente en galego) co obxectivo de que as familias interactúen co tecido empresarial do Morrazo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de decembro de 2014

    Na gala de entrega dos Premios da Cultura Galega reivindicou que é "un orgullo para todos pensar que este pequeno país ten un idioma propio" no que se escribe unha literatura que "está á altura de calquera literatura europea".

    Fonte: Faro de Vigo

    11 de decembro de 2014

    A mostra itinerante “Nimbos de Luz” -promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura- fai parada estes días no IES Fernando Blanco de Cee.

    Fonte: Xunta de Galicia

    11 de decembro de 2014

    A porcentaxe de catalán como lingua habitual é maioritaria nas Terras do Ebro e sitúa este territorio por riba da media catalá. Ademais, o coñecemento da lingua catalá aumentou nos últimos anos no ámbito territorial das Terras do Ebro. Un total de 33 453 persoas que non o tiñan como lingua inicial cando eran pequenos, saben falalo actualmente.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    11 de decembro de 2014

    O deputado do grupo MÉS, Nel Martí, instou o Goberno balear a que garanta a recepción das canles de televisión en lingua catalá nas illas Baleares, cuxa emisión está en perigo ante a inminente repartición de frecuencias realizada polo Goberno.

    Fonte: 20 minutos

    10 de decembro de 2014

    Venezuela mostrouse partidaria de recuperar as tradicións lingüísticas indíxenas despois da recente clasificación da lingua mapoio como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Este recoñecemento forma parte do esforzo do Goberno venezolano por "reivindicar os valores humanos e toda a diversidade cultural" do país, explicou o embaixador de Venezuela na Organización das Nacións Unidas (ONU). A constitución venezolana recoñece actualmente un total de 34 idiomas oficiais.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder