Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    03 de decembro de 2014

    Un estudo recente do Centro Ruso de Análise da Opinión Pública revelou que o 92 % dos rusos recoñece a necesidade de aprender linguas estranxeiras na escola. O inglés, o alemán e o chinés lideran os cursos de linguas estranxeiras entre a poboación.

    Fonte: Gazeta Russa

    03 de decembro de 2014

    Dúas asociacións de defensores da lingua irlandesa presentaron unha carta conxunta no Parlamento de Irlanda do Norte en Stormont para demandar un trato xusto e respecto cara á lingua irlandesa despois das últimas mostras de desprezo dalgúns deputados da cámara.

    Fonte: BBC

    03 de decembro de 2014

    A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, presentou o Concurso de Cartas de Nadal 2014, unha proposta dirixida ás escolas e ás familias para que os nenos e nenas enchan de contidos as súas solicitudes de agasallos.

    Fonte: Concello de Santiago de Compostela

    03 de decembro de 2014

    O catalán sufriu un importante retroceso no ámbito do comercio, segundo denunciou a Asociación Vuit d’Agost, responsable da organización do Correllengua, unha iniciativa que cumpriu dez anos. «A Lei do comercio que elaborou o Goberno esquece a necesidade de garantir a atención en lingua catalá aos comercios das nosas illas, que queda completamente desatendida», denuncia o manifesto.

    Fonte: Diario de Ibiza

    02 de decembro de 2014

    Herdo Novo é unha campaña de microfinanciamento impulsada por Radiofusión e Irmandade TV co obxectivo de consolidar economicamente estas dúas alternativas de radio e televisión en galego.

    Fonte: Praza Pública

    02 de decembro de 2014

    A Universidade de Massachusetts, na cidade de Lowell, Estados Unidos, está a unir esforzos para dar inicio a unha licenciatura en portugués. A institución de ensino declarou que, ao longo dos próximos tres anos, profesores portugueses serán convidados para desenvolver o programa.

    Fonte: A Bola

    02 de decembro de 2014

    A profesora da Universidade brasileira de Cruzeiro do Sul, en São Paulo, Ana Elvira Gebara, declarou que a falta de políticas públicas para preservar os idiomas e os trazos culturais das súas comunidades poden provocar a extinción das linguas indíxenas brasileiras. No Brasil, o idioma oficial é o portugués, mais existen na actualidade máis de 230 linguas. Dese total, 200 son de tribos indíxenas e 30 de descendentes de inmigrantes.

    02 de decembro de 2014

    A Academia Valenciana da Lingua reclamou, coincidindo co aniversario do peche de Radiotelevisión Valenciana, medios públicos “en valenciano e de calidade” e mostrou a súa solidariedade cos traballadores que perderon os seus postos de traballo e coas empresas do sector audiovisual que se viron afectadas ou desapareceron.

    Fonte: 20 minutos

    01 de decembro de 2014

    Un estudo realizado no Reino Unido mostrou que, malia que case un de cada cinco estudantes de primaria en Inglaterra ten como primeira lingua un idioma diferente ao inglés, o sistema de avaliación do ensino non apoia as habilidades lingüísticas da maioría destes estudantes. Só un terzo dese alumnado recibe formación na súa lingua materna.

    Fonte: The Guardian

    01 de decembro de 2014

    O colexio estradense do Foxo presentou a II Campaña de etiquetaxe en lingua galega "Bicos a moreas". Os escolares deseñaron 99 etiquetas e distribuiranse 15 000 unidades para acompañar compras no comercio local.

    Fonte: Faro de Vigo

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder