Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    28 de novembro de 2014

    A Secretaría de Educación do estado brasileiro de Paraíba debe presentarlle ao Ministerio Público de Paraíba unha solución para o cumprimento da Lei federal 11.161/2005 que prevé a inclusión da lingua española no currículo do ensino medio das escolas públicas do estado.

    Fonte: Pbagora

    28 de novembro de 2014

    O Concello de Silleda, a asociación ECOS, o IES Pintor Colmeiro e os centros de ensino do municipio están a colaborar en diferentes iniciativas destinadas a dinamizar o uso do galego no Nadal, principalmente nos ámbitos educativo e socioeconómico.

    Fonte: Consello do Cultura Galega

    27 de novembro de 2014

    O programa de fomento do galego FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva esta semana o concerto-obradoiro infantil "Brinca vai de aquí a acolá!" a catro novos concellos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de novembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou, na sede do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPHI), o libro Leandro Carré. Un século de cultura e compromiso, da autoría do profesor Xosé Manuel Maceira Fernández.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de novembro de 2014

    Máis de 1000 alumnos de Primaria participan nos obradoiros Lingua Forza 3, unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística.

    Fonte: Faro de Vigo

    27 de novembro de 2014

    O reitor da Universidade, José Luis Armesto, reclama a reforma da política lingüística a nivel universitario na inauguración da undécima edición das Xornadas de Lingua e Usos.

    Fonte: El Ideal Gallego

    27 de novembro de 2014

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou no acto de entrega do VIII Premio de Narrativa Breve Repsol, que nesta edición recaeu no vigués Santiago Lopo pola súa obra A diagonal dos tolos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    27 de novembro de 2014

    A Consellería de Cultura acaba de anunciar a convocatoria dunha nova liña de subvencións para incrementar a dotación de libros en asturiano nas bibliotecas públicas. Os concellos titulares de centros de lectura integrados na Rede de Bibliotecas do Principado de Asturias deben solicitar axuda económica con esta finalidade.

    Fonte: Asturnews

    27 de novembro de 2014

    Un informe da Universidade Jaume I reflicte que só 239 dos 1425 profesores desta institución acreditan ter un nivel de inglés de B2 ou superior. A cifra supón un 16,77 % do total do persoal –aínda sube ao 51,39 % se se ten en conta só o persoal que respondeu a enquisa-.

    Fonte: El Periódico Mediterráneo

    27 de novembro de 2014

    A Confederación de Comercio de Cataluña apoia a Asociación en Defensa do Etiquetado en Catalán para organizar a 31 Mostra de Produtos Etiquetados en Catalán, que terá lugar en Barcelona.

    Fonte: Generalitat de Cataluña

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder