Na súa primeira edición, o certame organizado pola Área de Cultura e Educación centrou o seu cartel anunciador nos cómics editados en linguas minoritarias.
Fonte: El Diario
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Na súa primeira edición, o certame organizado pola Área de Cultura e Educación centrou o seu cartel anunciador nos cómics editados en linguas minoritarias.
Fonte: El Diario
Polo menos 5000 persoas manifestáronse o pasado 8 de novembro na localidade vascofrancesa de Ciboure (departamento de Pireneos Atlánticos) a prol das escolas en lingua vasca. Tratouse dunha das concentracións máis multitudinarias dos últimos anos. Os manifestantes protestaban contra a ameaza de desaloxo dunha escola infantil.
Fonte: La Gazette
A primeira Feira de Linguas Autóctonas de Paraguai terá lugar en Asunción e será unha mostra das diferentes linguas faladas no país. Nesta primeira sesión, que se desenvolverá no Congreso Nacional, haberá salas temáticas para intercambiar criterios sobre as políticas lingüísticas do país e a existencia de linguas estranxeiras en Paraguai, onde o español e o guaraní son as formas de comunicación oficiais.
Fonte: Prensa Latina
A Asociación Ponte… nas Ondas! celebra a duodécima edición da Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa, un acto dirixido ao público infantil das dúas beiras do Miño co obxectivo de transmitirlle o seu patrimonio lingüístico común (narración oral, cantos, danzas, música, xogos de lingua etc.).
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Mesa pola Normalización Lingüística envioulle un escrito ao Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, para lle exixir que cumpra coas funcións que lle encomenda a Lei de normalización lingüística e defenda a oficialidade do galego fronte “aos ataques” que ao seu entender mantén a empresa FCC no conflito coa Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza.
Fonte: Galicia Confidencial
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do novo número especial de CompHostelería "Do Womex ao mes do cine e das tapas".
Fonte: Xunta de Galicia
A Federación Nacional de Docentes (Fenprof) de Portugal instou o Goberno de Luxemburgo a eliminar os “obstáculos” que teñen os nenos doutras nacionalidades para falaren a súa lingua materna nas escolas.
Fonte: Mundo Português
As historias de Astérix e Obélix están agora dispoñibles en gaélico irlandés. O poeta irlandés Gabriel Rosenstock traballou conxuntamente co tradutor Antain Mac Lochlainn para publicar dous números da colección ao irlandés. Ademais dos libros de Astérix, tamén se publicou en irlandés o número das aventuras de Tintín Os xarutos do faraón.
Fonte: BBC
A Fundación Eduardo Pondal entrega os Premios Bos e Xenerosos que pretenden recoñecer o compromiso e a defensa da lingua e a cultura galegas, así como a contribución á recuperación de tradicións e á difusión da identidade.
Fonte: El Correo Gallego
O 82 % dos 40 casos de discriminación lingüística rexistrados entre 2007 e 2013 en territorios de fala catalá produciuse en organismos ou institucións dependentes da Administración central -33 casos- , un 15 % da autonómica –seis casos-, e o 2,5 % da local –un feito ocorrido no Concello de Dènia.
Fonte: Ecodiario
Subscríbase ao boletín