Un asesor do comisario da Lingua Galesa reclamou a creación dun organismo independente que promova a lingua galesa e faga un seguimento das súas políticas.
Fonte: BBC
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
Un asesor do comisario da Lingua Galesa reclamou a creación dun organismo independente que promova a lingua galesa e faga un seguimento das súas políticas.
Fonte: BBC
Estudantes de universidades federais e dos estados brasileiros e de institutos federais do Brasil poderán optar por unha unha das 1500 prazas dun curso gratuíto en liña de lingua francesa do proxecto Francés sen Fronteiras. A iniciativa, ofertada polo Ministerio de Educación do Brasil, conta ademais co apoio da Embaixada de Francia no Brasil e a Alianza Francesa.
Fonte: Portal Brasil
Os responsables de Ar Redadeg, a carreira bienal que se organiza na Bretaña para recadar fondos a favor da lingua bretoa, pechou a edición de 2014 cun balance positivo de 165 000 euros. Unha parte destes cartos (62 500) irá destinada a apoiar as escolas asociativas de inmersión en bretón (escolas Diwan) mentres que outros 62 500 servirán para financiar proxectos de teatro, ensino de bretón para adultos e lúdicos. Os 40 000 euros restantes destinaranse aos preparativos da carreira de 2016.
Fonte: Nationalia
O Colexio de Avogados de Santiago acolle a VIII Xornada Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización. No encontro pódense inscribir ata cen participantes e é gratuíto.
Fonte: El Correo Gallego
O Instituto Cervantes e o Real Padroado sobre Discapacidade, a través do Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos española, asinaron un convenio de colaboración que ten por obxectivo dar a coñecer a lingua de signos española e a súa cultura.
Fonte: Discapnet
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou no concello coruñés da Laracha a exposición ‘Nimbos de luz’, coa que a Xunta de Galicia homenaxea a Xosé María Díaz Castro no ano en que a Real Academia Galega (RAG) lle dedica as Letras Galegas.
Fonte: Xunta de Galicia
O concerto-obradoiro infantil "Brinca vai de aquí a acolá!" chegará esta semana aos concellos pontevedreses de Cangas e Arbo, ao ourensán de Melón e ao coruñés da Laracha.
Fonte: Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na gala de entrega de premios da V edición do Certame Ouff Escola, que conta coa colaboración do departamento que dirixe o conselleiro Xesús Vázquez Abad, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Fonte: Xunta de Galicia
A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra estimou un recurso presentado por UXT contra un concurso oposición promovido pola UPNA, que foi anulado no relativo á valoración do mérito de coñecemento do éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
Que a Generalitat decrete que o catalán é lingua vehicular na educación, a administración e as comunicacións dentro dos centros educativos de Cataluña non vulnera o carácter oficial e vehicular do castelán. Esta é a conclusión á que chegou o Tribunal Supremo nunha sentenza.
Fonte: El País
Subscríbase ao boletín