Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    19 de novembro de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, en colaboración cos equipos de dinamización lingüística de varios centros de ensino do municipio, organiza diferentes actividades de dinamización lingüística dirixidas ao alumnado de primaria.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de novembro de 2014

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, destacou que o programa de inmersión lingüística deseñado polo seu departamento para mellorar a competencia dos alumnos galegos en lingua inglesa está resultando “unha experiencia altamente positiva”.

    Fonte: El Ideal GAallego

    19 de novembro de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Teo organiza unha nova edición do Concurso de postais de Nadal, co obxectivo de promover a creatividade e o uso do galego entre a poboación máis nova do concello.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    19 de novembro de 2014

    A editorial portuguesa Porto Editora informou nun comunicado que xa está activa a páxina do concurso "Palabra do Ano de 2014", onde se poden facer as suxestións para escoller unha lista de dez vocábulos que reflictan un ano de “innúmeros acontecementos e feitos de importancia en diferentes áreas da vida colectiva".

    Fonte: Público

    19 de novembro de 2014

    Investigadores das universidades escocesas de Aberdeen e Glasgow lanzarán un proxecto que creará un marco para o ensino e a aprendizaxe do gaélico. A iniciativa forma parte dunha rede nacional de investigación para a preservación e revitalización da lingua e a cultura gaélicas.

    Fonte: The Press and Journal

    19 de novembro de 2014

    En Galicia a Administración de Xustiza segue falando case exclusivamente en castelán e as resolucións que se ditan en galego ao longo do ano xudicial non acadan o 7 %.

    Fonte: Universidade de Vigo

    19 de novembro de 2014

    O alcalde de Faura, Toni Gaspar, e o presidente de Escola Valenciana, Federación de Asociacións pola Lingua, Vicente Moreno, estamparon a súa sinatura nun convenio de colaboración para que o municipio de Les Valls poña en marcha a campaña de Cinema na Escola para proxectar películas en valenciano.

    Fonte: Levante-emv

    19 de novembro de 2014

    A Universidade Pompeu Fabra (UPF) creou a cátedra Pomepu Fabra para explicitar o seu “compromiso coa catalanidade” e darlles visibilidade ás actividades sobre promoción de lingua e cultura catalás que se realizan na investigación e a docencia da universidade.

    Fonte: Europa Press

    18 de novembro de 2014

    Unha enquisa realizada por Cymdeithas yr Iaith Gymraeg (Sociedade da Lingua Galesa) revelou que a maioría da cidadanía do País de Gales apoia que o alumnado das escolas públicas teña capacidade para comunicar de xeito eficaz tanto en galés como en inglés.

    Fonte: BBC

    18 de novembro de 2014

    O Goberno da India ordenoulle á asociación de escolas públicas Kendriya Vidyalaya Sangathan que deixe de ofrecer o alemán como materia lingüística e comece a fomentar linguas máis tradicionais como o sánscrito. Esta orde non inclúe as escolas privadas que poderán seguir ofrecendo as linguas modernas que consideren oportunas.

    Fonte: DW

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder