Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de novembro de 2014

    Sindicatos docentes e a entidade cívica Escola Valenciana pediron a retirada da orde pola que se desenvolve o procedemento de autorización do proxecto lingüístico de centro, que se ampara no Decreto 127/2012 que regula o plurilingüismo na Comunidade Valenciana e foi tratado na Mesa Sectorial de Educación.

    Fonte: La Vanguardia

    13 de novembro de 2014

    O programa de fomento do galego FalaRedes, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva esta semana as propostas "Brinca vai de aquí a acolá!" e "Os sons do vento que pasa" a sete novos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de novembro de 2014

    O ministro recoñeceu que é necesario "fomentar o coñecemento cruzado" das distintas linguas para mellorar "as estratexias de cooperación cultural" entre as comunidades.

    Fonte: Galicia Hoxe

    13 de novembro de 2014

    A Estrada acolle a entrega da XXIV edición dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística, que este ano recaen na Asociación Xesteira de Couso, o debuxante humorista de Faro de Vigo Luis Davila e o teólogo Andrés Torres.

    Fonte: Faro de Vigo

    13 de novembro de 2014

    Un total de 25 351 persoas matriculouse este curso nos diferentes euskaltegis vascos para aprender éuscaro ou melloralo, o que supón un 1,20 % máis que o curso anterior, incremento que, tras o estancamento do curso pasado, inverte o descenso continuado dos tres anos anteriores.

    Fonte: Diario Vasco

    13 de novembro de 2014

    Ano tras ano nenos e mozos de Galdames e municipios limítrofes divírtense mentres falan en éuscaro fóra de clase, e este outono non é unha excepción. As preto de trinta prazas do programa Udazkena Euskaraz que oferta a Área de Cultura do Concello para participantes empadroados e outros aspirantes que residen fóra aos que se lles ofrecen os sitios vacantes esgotáronse con vistas ao comezo das actividades.

    12 de novembro de 2014

    O relatorio A lingua francesa no mundo - 2014, presentado recentemente pola Organización Internacional da Francofonía (OIF), mostra que existen 274 millóns de francófonos no mundo.

    Fonte: Organisation Internationale de la Francophonie

    12 de novembro de 2014

    O músico e compositor Gabriel Tchiema apelou en Luanda os músicos angolanos a contribuíren á valorización e preservación das linguas nacionais co fin de fortalecer a identidade cultural etnolingüística de cada pobo ou tribo do país africano.

    Fonte: ANGOP

    12 de novembro de 2014

    Unha nova partida orzamentaria dun millón de libras esterlinas é o investimento que se destinará á creación de centros que promovan a aprendizaxe e o uso da lingua galesa, anunciou o ministro principal de Gales, Carwyn Jones.

    Fonte: BBC

    12 de novembro de 2014

    O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza o Curso de oratoria: habilidades comunicativas en lingua galega.

    Fonte: Consello de Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder