Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    10 de novembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove durante todo novembro unha completa programación de actividades de divulgación científica en galego para convidar a cidadanía a festexar o Mes da Ciencia en Galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    10 de novembro de 2014

    Un 36,4 % da xuventude catalá de entre 15 e 30 anos utiliza o catalán como lingua habitual, respecto ao 31,5 % de 2008, o que supón un cambio de tendencia despois do “forte descenso” sufrido entre 2003 e 2008, destacou o conselleiro de Cultura da Generalitat, Ferran Mascarell, na presentación do Informe de Política Lingüística 2013.

    Fonte: La Vanguardia

    10 de novembro de 2014

    A Universidade Pablo de Olavide (UPO) de Sevilla asinou un convenio de colaboración co Real Padroado sobre Discapacidade, a través do Centro de Normalización Lingüística da Lingua de Signos Española, para fomentar a normalización e normativización da investigación da lingua de signos española nas aulas.

    Fonte: La Información

    09 de novembro de 2014

    A antiga ministra de Cultura de Portugal, Isabel Pires de Lima, defendeu en Macau que os países lusófonos deben cooperar no ensino da lingua portuguesa no estranxeiro e alentou a adoptar medidas produtivas para a promoción da lusofonía.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    09 de novembro de 2014

    Un grupo de técnicos angolanos elaborará o Atlas Lingüístico de Angola, informou á axencia Lusa o director xeral do Instituto de Linguas Nacionais do país africano.

    Fonte: Observatório da Língua Portuguesa

    07 de novembro de 2014

    O Concello de Oleiros convoca o Premio Literario Descubrindo Oleiros, un certame dirixido a alumnos de quinto e sexto de Primaria e de ESO, empadroados no municipio. O obxectivo do concurso é promover a lingua galega e dar a coñecer o municipio.

    Fonte: La Opinión

    07 de novembro de 2014

    Fernando Cabeza Quiles é o autor do libro titulado A toponimia celta de Galicia, publicado pola editorial Toxosoutos de Noia na súa colección Serie Keltia. O volume, de máis de 500 páxinas e de recente aparición, trata sobre a toponimia galega, antiga e actual, de orixe celta, establecendo relacións e correspondencias con outros topónimos que tamén existen noutros países europeos onde viviron os celtas.

    07 de novembro de 2014

    A conferencia de directores de instrución pública dos cantóns suízos determinou que todos "traballarán para unha solución intercantonal" co fin de favorecer o ensino de dúas linguas estranxeiras na educación primaria.

    Fonte: RTS

    07 de novembro de 2014

    O Brasil vai expandir o ensino oficial de idiomas alén do inglés e a oferta non se limitará só aos brasileiros. O Ministerio de Educación anunciará en breve o programa "Idiomas sen fronteiras" para axudar os académicos que desexen estudar no exterior e aprender outras linguas.

    Fonte: ZH

    07 de novembro de 2014

    Tras a acción dos manteis, o Servizo de Éuscaro do Concello de Gasteiz volve á carga esta vez da man da Deputación, Cafés La Brasileña e Artez, coa repartición de máis dun millón de sobres de azucre que levan impreso o lema Giro Onean (En bo ambiente).

    Fonte: Noticias de Álava

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder