Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    07 de novembro de 2014

    A Comunidade de Madrid destina este curso máis de 700 000 euros á atención a alumnos con discapacidade auditiva a través da contratación de asesores xordos/especialistas e intérpretes de lingua de signos española nas distintas etapas educativas.

    Fonte: Europa Press

    07 de novembro de 2014

    A start up galega Cilenis acaba de lanzar Linguakit, un innovador portal en liña multilingüe que proporciona un acceso cómodo e rápido a multitude de instrumentos tecnolóxicos para o uso e o estudo de catro linguas: galego, español, inglés e portugués. Trátase do primeiro portal de recursos lingüísticos para este grupo de idiomas e, moi especialmente, para o galego, que disporá por primeira vez de ferramentas ata agora só accesibles para o inglés e o castelán.

    Fonte: Galicia Confidencial

    06 de novembro de 2014

    Unha tradución ao galego do clásico de James Joyce, Ulises, acaba de ser recoñecida co Premio Nacional de Tradución que concede o Ministerio de Cultura.

    Fonte: Galicia Confidencial

    06 de novembro de 2014

    O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á mesa redonda “Encontros con contemporáneos. Virxina e Castelao”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de novembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acolleu a rolda de prensa de presentación da obra Memoria de abril, a antoloxía da obra poética de Francisco X. Fernández Naval publicada en Nova York pola editorial Artepoética Press.

    Fonte: Xunta de Galicia

    06 de novembro de 2014

    O concurso premia as mellores obras escritas en asturiano que cumpran os requisitos de ter un mínimo de cinco follas ata un máximo de 20. Ademais, todas as obras deben ser orixinais e anónimas.

    Fonte: La Nueva España

    06 de novembro de 2014

    O pasado curso esta lingua tivo 93 matrículas, máis que os inscritos en alemán, francés ou portugués. Prolingua pídelle á Xunta de Galicia e á Real Academia Galega que interveñan para evitar que desapareza o ensino oficial do galego no Bierzo.

    Fonte: Galicia Confidencial

    05 de novembro de 2014

    O líder laborista na Asemblea de Gales polo Condado de Carmarthenshire, Kevin Madge, declarou que as novas leis de urbanismo deberían incluír cláusulas que velen pola protección da lingua galesa dado que os plans de desenvolvemento urbanístico poden ameazar as comunidades desta lingua.

    Fonte: BBC

    05 de novembro de 2014

    Consciente de que a administración electrónica supón unha oportunidade para mellorar a eficiencia e calidade dos servizos das administracións públicas, a Universidade de Santiago acaba de editar o primeiro léxico en galego sobre esta temática, que inclúe definicións e clasificacións de 164 conceptos cos seus nomes en galego, catalán, español, inglés e francés.

    Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

    05 de novembro de 2014

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, participou no IES compostelán Rosalía de Castro no acto de apertura da mostra arredor do Premio de Ensaio Bento Spinoza.

    Fonte: Xunta de Galicia

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder