Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    31 de outubro de 2014

    O Goberno francés concedeu aos institutos de ensino secundario San Isidro e Gabriel García Márquez de Madrid a distinción "Label FrancEducation", que o Ministerio de Asuntos Exteriores galo outorga a centros educativos estranxeiros pola súa difusión da lingua e cultura francesas.

    Fonte: Comunidad de Madrid

    31 de outubro de 2014

    Un grupo de investigadores da Universidade de Glasgow acaba de completar a primeira fase do arquivo dixital máis extenso do gaélico escocés que inclúe unha base de datos de 10 millóns de termos.

    Fonte: Herald Scotland

    30 de outubro de 2014

    O proxecto Gaelaico sostén que a orixe do topónimo da Coruña está relacionado coa forma circular da baía.

    Fonte: La Opinión

    30 de outubro de 2014

    Os centros educativos públicos andaluces comezaron a impartir chinés en 2011. Tratábase dun programa experimental e impartíase como actividade extraescolar, pero 648 menores e adultos matriculáronse nese ano. En 2013-2014, a cifra de estudantes xa se duplicara. Este curso hai uns 2000, en concreto 1950, o que supón un 200 % máis que hai tres anos.

    Fonte: 20 minutos

    30 de outubro de 2014

    A Mesa das Cortes Valencianas tramitou a certificación emitida pola Xunta Electoral da Comunidade Valenciana sobre as sinaturas recollidas para a iniciativa lexislativa popular por unha radiotelevisión pública en valenciano.

    Fonte: Las Provincias

    29 de outubro de 2014

    A empresa norueguesa Statoil, unha das maiores referencias mundiais da industria petroleira, acaba de adoptar o portugués como lingua oficial. A partir de agora, a documentación da empresa estará dispoñible en noruegués, inglés e portugués.

    Fonte: Diário de Notícias

    29 de outubro de 2014

    As direccións alfandegueiras da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) queren que o portugués sexa un dos idiomas oficiais da Organización Mundial das Alfándegas (OMA), declarou á axencia Lusa en Luanda o secretario xeral do grupo lusófono.

    Fonte: Sapo

    29 de outubro de 2014

    A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua convoca unha nova edición do obradoiro de creación de vídeos básicos, que terá lugar en novembro combinando sesións presenciais e sesións en liña.

    Fonte: CTNL

    29 de outubro de 2014

    O CEIP Abelendo de Moaña deu comezo ás actividades do Samaín. Están organizadas pola biblioteca do centro e o Equipo de Dinamización Lingüística, pois teñen como obxectivo potenciar a oralidade na lingua propia de Galicia.

    Fonte: Faro de Vigo

    29 de outubro de 2014

    A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) súmase á celebración do V Día da Ciencia en Galego organizando unha videoconferencia que leva por título “A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)”, dirixida ao alumnado de 2º ciclo da ESO e Bacharelato.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder