Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    29 de outubro de 2014

    En Ourense, das 348 rúas con nome de persoa só 56 son femininos, o 16 % do total, unha desigualdade que se repite en todos os concellos de Galicia.

    Fonte: Universidade de Vigo

    29 de outubro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoiará a difusión da figura e da obra de Francisco Luis Bernárdez para dar a coñecer a súa contribución á cultura galega.

    Fonte: Xunta de Galicia

    29 de outubro de 2014

    O goberno municipal elaborará o próximo Plan xeral do éuscaro 2015-2019 mediante un proceso participativo no que «todos os donostiarras terán a oportunidade de facer as súas achegas», segundo informou a responsable do departamento, Nerea Txapartegi. Os retos que se marca o plan serán «avanzar na normalización» do éuscaro na cidade e conseguir a «recuperación total» da lingua vasca.

    Fonte: Diario Vasco

    29 de outubro de 2014

    “Catalanidade, innovación e proximidade”. Son os tres valores sobre os que se apoiará Parlem, un novo operador móbil virtual que empezará a funcionar en novembro só en Cataluña. O seu obxectivo é converterse na cuarta operadora da rexión en tan só cinco anos, ser un referente, e para iso utilizará o catalán como lingua habitual na súa comunicación cos clientes e na representación institucional.

    Fonte: El Boletín

    28 de outubro de 2014

    A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebra o martes 28 unha xornada de balde sobre o prestixio e as posibilidades comerciais e comunicacionais que se abren co dominio de internet propiamente galego.

    Fonte: Código Cero

    28 de outubro de 2014

    Máis de trescentos participantes e moitos máis curiosos e espectadores uníronse na praza Maior de Oion para participar na xornada reivindicativa a favor do éuscaro Euskaraz bizi nahi dut, que contou cunha carreira popular como acto máis destacado.

    Fonte: Noticias de Álava

    28 de outubro de 2014

    Unha de cada cinco familias falantes de valenciano (21 %) de Castellón non se comunica en valenciano cos seus fillos. Así o reflicte un estudo recente sobre a situación da lingua en 2014 que conta co aval do Instituto de Estudos Cataláns.

    Fonte: El Periódico Mediterráneo

    27 de outubro de 2014

    A Universidade de Washington recibiu unha subvención de 16 millóns de dólares do Goberno federal para outorgar bolsas destinadas ao estudo de linguas estranxeiras. Un total de 140 alumnos universitarios beneficiarase destas axudas.

    Fonte: Day News

    27 de outubro de 2014

    Un grupo de lingüistas desenvolveu unha nova aplicación para teléfonos móbiles que contén arredor de 200 palabras e frases na lingua marrithiyel. Estímase que menos de cen persoas da rexión de Daly River, no Territorio do Norte de Australia, falan esta lingua indíxena.

    Fonte: SBS

    27 de outubro de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza o Curso de auga doce, que ten como obxectivo achegarse á lingua galega (léxico, fraseoloxía, toponimia…) empregando como fío condutor o curso dun río.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder