Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    04 de novembro de 2014

    A asociación de veciños de Riberas de Loiola organizou unha xornada de xogos en familia, promovida con Ekin Kirola. O obxectivo é fomentar o éuscaro con actividades para unha vida activa.

    Fonte: Diario Vasco

    03 de novembro de 2014

    A ministra de Asuntos Penais de Venezuela, Iris Varela, anunciou que os cidadáns nacionais e estranxeiros presos nos cárceres do país que aprendan catro idiomas poderán recibir o indulto por parte do presidente Nicolás Maduro.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    03 de novembro de 2014

    Coa adopción do Mecanismo Único de Supervisión, a comunicación do Banco Central Europeo (BCE) en Frankfurt (Alemaña) comezará a realizarse en 24 linguas diferentes despois de que un terzo dos bancos integrantes escollera como lingua de traballo a do seu país de procedencia.

    Fonte: Dinheiro Vivo

    03 de novembro de 2014

    A asociación cultural Vagalumes da Estrada organiza un acto para conmemorar a mobilización rexistrada en Galicia en xeral e no municipio estradense en particular en favor do galego.

    Fonte: Faro de Vigo

    03 de novembro de 2014

    O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convocan o XV Premio Manuel Beiras, que ten como finalidade outorgar un recoñecemento público ao compromiso coa normalización lingüística no sector empresarial.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    03 de novembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio do seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en Cambados o concerto-obradoiro infantil “Brinca vai de aquí a acolá!”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    03 de novembro de 2014

    A partida orzamentaria destinada ao desenvolvemento do ensino do éuscaro en Navarra vai en caída libre. O recorte que sufriron estes programas nos últimos seis anos ascende a un 88 %, dos 639 389 euros aprobado en 2009 aos 78 200 euros que recolle o anteproxecto de orzamentos presentado polo Goberno foral.

    Fonte: Noticias de Navarra

    03 de novembro de 2014

    Un total de 254 centros escolares das redes pública e privada de Euskadi presentaron a súa solicitude de recursos económicos e humanos para implantar un modelo trilingüe onde o inglés sexa a lingua vehicular xunto ao éuscaro e o castelán. Estes centros optan a 1,7 millóns de euros en axudas para o presente curso académico.

    Fonte: Diario Vasco

    01 de novembro de 2014

    O secretario de Estado de Cultura de Portugal, Jorge Barreto Xavier, asinou un acordo de colaboración co Brasil para o investimento de 3,2 millóns de euros na "produción e difusión de contidos audiovisuais" entre os países membros da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

    Fonte: Dinheiro Digital

    01 de novembro de 2014

    Oliver O'Brien, un investigador do University College de Londres, empregou os datos do censo realizado no Reino Unido en 2011 para reflectir nun mapa a lingua máis habitual dos habitantes que viven a 200 metros de cada unha das paradas de metro da capital británica.

    Fonte: Citymetric

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder