Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    05 de novembro de 2014

    Google anunciou a Alianza das Linguas Indias en Internet, un grupo de editores comprometidos coa promoción dos contidos escritos en linguas da India na rede. Google tamén mostrou a súa ferramenta de busca de voz en hindi, o teclado hindi (Google Hindi Input) e lanzou o sitio de contidos en hindi hindiweb.com.

    Fonte: The Times of India

    05 de novembro de 2014

    Resulta salientable o feito de que o servizo abra o acceso a 150 libros electrónicos en galego, mentres que o número de obras en español sería de 33 105.

    Fonte: Código Cero

    05 de novembro de 2014

    O galego sitúase entre os únicos dez idiomas do mundo que acadan o 100 % de localización, por riba de linguas coma o chinés e xunto ao alemán, ao español ou ao portugués cunhas comunidades de usuarios e colaboradores moito máis numerosas.

    Fonte: Código Cero

    05 de novembro de 2014

    Nos 25 anos que pasaron de 1986 a 2011, a porcentaxe de valencianos con capacidade de escribir na lingua propia aumentou do 7,03 % ao 31,77 %. Este aumento do 352 % tórnase mais incrible ao medilo en cifras absolutas: pasou de haber 262 407 persoas capacitadas para redactar un texto en valenciano a 1 535 693 cidadáns. Case seis veces máis.

    Fonte: Levante-emv

    05 de novembro de 2014

    A presenza do catalán aumentou nos comercios da cidade de Barcelona respecto a 2005, principalmente en canto á rotulación. Este crecemento vaise matizando pola apertura de comercios rexentados por inmigrantes con poucos coñecementos de lingua catalá. Así se desprende do estudo “Os usos lingüísticos nos establecementos comerciais de Barcelona Ofercat 2005-2012”, que se presentou nunha xornada organizada pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura.

    04 de novembro de 2014

    Profesores dunha escola do estado de Rondonia (Brasil) concorrerán ao Premio Nacional de Educación en Dereitos Humanos, promovido polo Ministerio de Educación brasileiro, co proxecto "Construción e normativización da lingua paiter suruí".

    Fonte: Nortão

    04 de novembro de 2014

    A axencia de noticias Lusa informara de que centros públicos de ensino de Luxemburgo prohibían o uso da lingua portuguesa por parte do alumnado. Ante a preocupación da comunidade portuguesa que vive no país, Portugal pediu esclarecementos a Luxemburgo sobre estas "alegadas prohibicións" e recibiu a "garantía" de que "non é verdade", informou o Ministerio de Asuntos Exteriores portugués.

    Fonte: Renascença

    04 de novembro de 2014

    A plataforma Galeguizar Galicia anuncia a resolución dos X Premios Bacelos de Prata, que teñen como obxectivo recoñecer o traballo das adegas que etiquetan os seus viños en galego como marca de calidade.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    04 de novembro de 2014

    O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, participou na inauguración da exposición “Arte e Ciencia” na Galería Sargadelos de Santiago. Esta mostra, que conta co apoio da Consellería, é unha das múltiples iniciativas coa que se celebrará novembro como Mes da Ciencia en Galego.

    Fonte: Xunta de Galicia

    04 de novembro de 2014

    A acción, que contou coa colaboración do Departamento de Xustiza, ten como obxectivo informar e sensibilizar por un lado a cidadanía para que use o catalán nas súas relacións co mundo da Xustiza, e por outro lado os profesionais do sector para que usen o catalán como a lingua habitual empregada tanto en xulgados como en rexistros públicos, notarías, despachos de avogados ou consultas de graduados sociais, entre outros contextos.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder