Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    27 de outubro de 2014

    “O obxectivo do vídeo é reivindicar o uso da gheada e do seseo, e con iso, as diferentes variantes da lingua galega segundo a zona natal”, apunta Noelia Gómez Calvo, a súa creadora.

    Fonte: Galicia Confidencial

    27 de outubro de 2014

    Ou Lingua ou Cultura Asturiana. Son as opcións que o Principado deu a escoller como materias de libre configuración autonómica aos nenos de primeiro, terceiro e quinto de Primaria no estreo da LOMCE. A principios de curso, os pais do ensino público e concertado xa afirmaron que non eran partidarios desta división e agora, despois dun mes do inicio das clases, púidose comprobar que polo menos nos colexios concertados de Xixón só unha minoría escolleu a lingua.

    27 de outubro de 2014

    Segundo a asociación Convivencia Cívica Catalá (CCC), o último informe da OCDE revela que os estudantes que teñen como lingua propia o castelán presentan o dobre de fracaso escolar cós catalanfalantes e que, ademais, o seu nivel de competencias é moi inferior ao dos seus homólogos noutras comunidades con similar renda per cápita e desenvolvemento social como País Vasco e Madrid.

    Fonte: ABC

    25 de outubro de 2014

    A redución do financiamento destinado á emisora Radio-Canada está pondo en risco o valor fundamental da francofonía no Canadá e limita a cobertura de noticias en francés, afirmaron os ministros responsables de francofonía nos estados de Quebec e Ontario.

    Fonte: La Presse

    25 de outubro de 2014

    Milleiros de indíxenas do estado de Alasca (EUA) poderán votar por primeira vez nas súas linguas nativas despois de que un xuíz federal decretase que o estado violou a Lei de dereitos electorais ao non producir material electoral en iupik e kutchin, dúas linguas indíxenas.

    Fonte: Think Progress

    24 de outubro de 2014

    A académica Inocência Mata, especialista en Estudos Poscoloniais, defendeu en Macau que a lingua portuguesa en África vive entre o paradoxo de ser "construtora" e ao mesmo tempo un "motor de exclusión".

    Fonte: Sapo

    24 de outubro de 2014

    A ministra de Ciencia e Tecnoloxía de Angola, Maria Cândida Teixeira, considerou en Luanda que a lingua inglesa é unha ferramenta indispensable no proceso de formación da xente nova, por ser un idioma que contribúe ao desenvolvemento profesional, persoal e cultural.

    Fonte: ANGOP

    24 de outubro de 2014

    Nos dous últimos decenios constatouse a consolidación da imaxe de marca de Galicia, duplicouse o número de axencias publicitarias, aumentou a calidade e elevouse a confianza e a eficacia no uso da lingua na comunicación publicitaria. Con todo, a crise está a lastrar este sector de xeito notorio. Son algunhas das conclusións que publicistas, empresarios e expertos no ámbito da comunicación publicitaria expresaron no marco da xornada A publicidade en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    24 de outubro de 2014

    Gonzalo Navaza e Lorena Carrasco presentaron o terceiro libro da colección Toponimia do Val de Fragoso no que se debuxa a historia de Beade a través da denominación dos seus lugares. Este tomo inclúe arredor 500 nomes que retratan a paisaxe histórica da parroquia viguesa.

    Fonte: Faro de Vigo

    24 de outubro de 2014

    Varios concellos ourensáns traballarán para que as lápidas dos seus galegofalantes falecidos estean escritas na súa lingua. Esta iniciativa, que xorde da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, fíxose realidade no acto de conmemoración do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia.

    Fonte: La Región

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder