O filme en lingua irlandesa An Bronntanas representará a Irlanda na 87 edición dos Premios da Academia, no apartado de mellor filme en lingua non inglesa. A directora executiva da Academia do Cinema e da Televisión de Irlanda (IFTA, polas súas siglas en inglés), Áine Moriarty, declarou que esta decisión será unha grande oportunidade para achegar a lingua nativa de Irlanda a un público internacional máis amplo.
Información do día a día do galego e outras linguas
Novas
Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Política Lingüística, presentou a segunda parte da actividade da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) “O galego na onda”, centrada na comunicación radiofónica.
Fonte: Xunta de Galicia
Os grupos parlamentarios de PSN, Esquerda-Ezkerra e Geroa Bai rexistraron no Parlamento a proposición de lei de modificación da Lei do éuscaro e que recolle que se atenda o ensino en éuscaro tamén na zona non vascófona de Navarra “en función da demanda”.
Fonte: Noticias de Navarra
Segundo o ministro de Educación de Angola, Pinda Simão, o ensino das linguas nacionais nos primeiros anos de escolaridade está condicionado polo reducido número de profesores.
Fonte: Agência Angola Press
A presidenta do Instituto Camões, Ana Paula Laborinho, afirmou na cidade caboverdiana de Praia que a Universidade de Cabo Verde introducirá en breve unha cátedra de portugués científico na área da educación e a investigación.
Fonte: Sapo
A Federación de Gremios de Editores de España acaba de facer público o seu informe correspondente ao ano 2013. Os datos sinalan que en Galicia continúa a minguar o número de obras editadas por empresas, que no período estudado diminuíu un 10,9 por cento a respecto de 2012.
Fonte: Culturagalega.org
O idioma español representa en torno ao 15 % do produto interior bruto (PIB) e do emprego en España, o que significa que a lingua castelá achega o equivalente a 150 000 millóns de euros a España.
Fonte: La Información
Nos últimos 30 anos o éuscaro gañou 318 000 falantes, máis de 10 000 ao ano, fronte ao descenso de 400 000 falantes monolingües de castelán. Estas cifras evidencian un avance notable do bilingüismo e do coñecemento do éuscaro, pero o Goberno vasco quere máis.
Fonte: Noticias de Álava
O Concello de Estella concedeu, a través da comisión municipal de Cultura, axudas a veciños da cidade para a aprendizaxe de éuscaro por un total de 3744 euros e cun máximo de 250 por solicitude. As subvencións cobren tanto a formación en cursos extensivos como intensivos.
Fonte: Diario de Navarra
A Consellería convocará este curso a primeira consulta ás familias para que decidan que lingua de ensino queren para os seus fillos: castelán ou valenciano. Cumprirá así cun dos artigos do decreto de plurilingüismo de 2012, que introduciu a novidade da votación «sobre a preferencia do programa que se deberá realizar en cada centro aos pais».
Fonte: El Mundo
Boletín
Subscríbase ao boletín