Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    14 de outubro de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra presenta unha nova edición da campaña Proba en Galego, unha iniciativa deseñada para promover o uso do galego no ámbito do comercio e da pequena empresa, como marca de identidade, calidade e proximidade.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    14 de outubro de 2014

    Cando se trata de aprender un idioma a práctica é fundamental e por iso nace o novo Mintzalaguna: unha iniciativa co valor engadido de pór en práctica o aprendido de forma natural e gratuíta unha vez por semana durante unha hora, cun grupo de interlocutores e a axuda dun falante euscaldún zaharra.

    Fonte: Diario Vasco

    14 de outubro de 2014

    Nunha nota de prensa, a Asociación de Mestres e Mestras de aragonés lembra que desde a entrada do actual executivo no Goberno de Aragón, as actividades de formación en centros de profesores ás que podían acceder os docentes de lingua aragonesa sufriron un empeoramento nas súas condicións así como na calidade dos seus contidos.

    Fonte: AraInfo

    13 de outubro de 2014

    A Consellería de Cultura e Educación, representada no secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, deu a coñecer as bases das terceiras edicións de dous premios: o Premio de Ensaio Subversivo “Guillermo Domínguez” e o Certame de Banda Deseñada “AXI”.

    Fonte: Xunta de Galicia

    13 de outubro de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames organiza, coa colaboración dos equipos de dinamización lingüística dos IES do municipio, o IV Concurso Radiofónico de Teatro Lido Desata a Lingua!!, co obxectivo de dinamizar o uso oral e escrito do galego entre a mocidade de xeito lúdico e creativo.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    13 de outubro de 2014

    O arcebispo de Goa e Damán, na India, declarou en Fátima que se está a incrementar o interese pola cultura e a lingua portuguesas nesta antiga colonia de Portugal, despois dun período en que existía unha “actitude hostil”.

    Fonte: Jornali

    13 de outubro de 2014

    A documentación e o desenvolvemento dun conxunto de ferramentas dixitais aplicadas á lingua mirandesa son as principais apostas da recentemente creada Asociación da Lingua e Cultura Mirandesas (ALCM), con sede en Miranda do Douro, informou unha fonte vinculada á iniciativa.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    13 de outubro de 2014

    O Instituto de Educación Secundaria Drago da cidade de Cádiz foi galardoado co premio Label FrancEducation 2014, que outorga o Ministerio de Asuntos Exteriores e Desenvolvemento Internacional de Francia aos centros educativos estranxeiros que contribúen á difusión da lingua e a cultura francesas.

    Fonte: Diario de Cádiz

    13 de outubro de 2014

    O 62,9 % dos ceutís cuxa orixe sociocultural é árabe-musulmán utiliza o árabe ceutí ou dariya como lingua habitual. Outro 34,6 % usa o castelán, porén, de forma máis habitual, segundos as conclusións do estudo ‘Os usos lingüísticos da poboación de Ceuta: o español, o árabe e o bérber’, un traballo coordinado pola directora do Departamento de Estudos Semíticos da Universidade de Granada, Maribel Lázaro.

    10 de outubro de 2014

    A rede social Facebook ofrece xa aos seus usuarios a posibilidade de seleccionar o bretón como lingua de navegación. Esta medida foi posible grazas ao grupo de presión "Facebook e brezhoneg" (Facebook en bretón) que reuniu máis de 11 360 membros.

    Fonte: France Bleu

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder