Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    16 de outubro de 2014

    A comezos do seu mandato, o Goberno vasco anunciou que elaboraría un total de 14 plans estratéxicos para a presente lexislatura. A Axenda estratéxica do éuscaro é un deles, e recolle as principais accións e actuacións que leva e levará a cabo o Goberno vasco en materia de revitalización do éuscaro. Levar esta Axenda á práctica é responsabilidade de todos os departamentos do Goberno vasco.

    Fonte: Euskadi.net

    15 de outubro de 2014

    Segundo un estudo publicado pola Royal Society de Londres, as linguas mudan co paso do tempo e a ritmos diferentes. Os científicos descubriron ademais que algunhas reflicten os cambios no mundo que as rodea e que neste proceso inflúen factores universais e históricos.

    Fonte: Physics Central

    15 de outubro de 2014

    O Goberno da Unión de Myanmar destinará unha axuda económica a docentes de linguas minoritarias que constituirá, segundo os líderes locais, un importante incentivo para as culturas e dereitos das minorías étnicas do país.

    Fonte: The Irrawaddy

    15 de outubro de 2014

    O dicionario da Real Academia Galega, na súa versión en liña, está a recoller numerosas voces actualizadas que afectan especialmente ao léxico tecnolóxico que tanto se emprega no día a día.

    Fonte: Código Cero

    15 de outubro de 2014

    O galego estréase no Festival de Poesía das Américas (The Americas Poetry Festival) que nesta ocasión se presenta cun formato plurilingüe no que está incluída Galicia.

    Fonte: ABC

    15 de outubro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de presentación do libro-disco Cantos de sol a sol.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de outubro de 2014

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, visitou na Casa da Xuventude de Ourense, a mostra “Nimbos de luz”, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración coa Editorial Galaxia co gallo das Letras Galegas 2014, dedicadas a Xosé María Díaz Castro.

    Fonte: Xunta de Galicia

    15 de outubro de 2014

    A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana acaba de anunciar que enviará á RTPA e á Oficina de Política Lingüística do Principado un decálogo que axude a unificar criterios a todas as partes implicadas no proceso de dobraxe, ademais de aos grupos políticos. Despois da emisión de dúas longametraxes e dunha serie infantil dobrada ao asturiano na Televisión do Principado de Asturias, a Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana quere iniciar o proceso a través da publicación do documento Decálogo sobre a dobraxe asturiana.

    14 de outubro de 2014

    O Vocabulario do Portugués Medieval. Así se chama un estudo en dous volumes con preto de 170 000 palabras usadas nos actuais territorios de Portugal e Galicia na Idade Media que acaba de ser publicado en Río de Janeiro tras 35 anos de investigación.

    Fonte: Galicia Confidencial

    14 de outubro de 2014

    Os membros do Comité de Educación do Parlamento de Finlandia debaterán a proposta presentada por un cidadán para que o sueco, a segunda lingua oficial do país, se converta nunha lingua opcional nas escolas públicas. Os defensores da iniciativa consideran que a obrigatoriedade de aprender sueco impide que o alumnado poida escoller outras linguas estranxeiras.

    Fonte: Uutiset

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder