Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    17 de outubro de 2014

    Un comité especial de gregos no estranxeiro solicitoulles de xeito unánime aos ministerios gregos de Educación e Cultura que tomen medidas inmediatas para elaborar un decreto presidencial que estableza un día internacional da lingua e a cultura gregas.

    Fonte: Greek Reporter

    17 de outubro de 2014

    Os novos dominios .wales e .cymru foron lanzados oficialmente na Asemblea do País de Gales e un bo número de organizacións e institucións galesas adoptaron xa os seus novos enderezos dixitais.

    Fonte: Wales Online

    17 de outubro de 2014

    A Semana da Lingua Italiana no Mundo é un acontecemento de promoción do italiano como lingua da cultura clásica e contemporánea que a rede cultural e diplomática do Ministerio italiano de Asuntos Exteriores organiza cada ano na terceira semana de outubro sobre un tema que serve de base para a celebración de conferencias, mostras, espectáculos e encontros con escritores e persoeiros da cultura italiana. O tema deste ano é "Escribir a nova Europa: a industria editorial italiana: escritores e lectores na era dixital".

    17 de outubro de 2014

    A disciplina de lingua portuguesa será impartida en dúas escolas de ensino secundario de Noruega. O Instituto da Cooperación e da Lingua Portuguesa destaca que esta iniciativa se debe ao esforzo da embaixadora de Portugal en Oslo, Clara Nunes dos Santos, que recibiu o recoñecemento de "embaixadora de linguas estranxeiras" das autoridades norueguesas pola súa acción continuada a prol da promoción do portugués.

    Fonte: Mundo Português

    17 de outubro de 2014

    Un total de 400 alumnas e alumnos de 18 centros educativos participarán este outono nas estadías para a formación en linguas estranxeiras –concretamente en inglés- convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    17 de outubro de 2014

    Hai 20 anos, nunha pequena universidade do País de Gales (Reino Unido), a de Aberystwyth, nacía a primeira páxina web en galego da historia. O seu creador foi un rapaz de Coristanco: Alfonso Xavier Canosa Rodríguez.

    Fonte: La Voz de Galicia

    16 de outubro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria valora positivamente a información do Instituto Nacional de Estatística (INE) relativa á lingua galega que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE) no seu web www.ige.eu. Trátase de datos sobre coñecemento e uso do galego extraídos do Censo de Poboación e Vivendas do INE, que revela que un 89,1 % da poboación usa o galego en maior ou menor medida na súa vida diaria.

    Fonte: Xunta de Galicia

    16 de outubro de 2014

    Android 5.0 Lollipop incorpora quince novas linguas entre as que figuran o éuscaro e o galego, o que permitirá que poidamos gozar dun inmenso número de smartphones en galego e facilitará que as aplicacións móbiles poidan presentárselle ao usuario nesta lingua.

    Fonte: Código Cero

    16 de outubro de 2014

    A Asociación Alexandre Bóveda e a Deputación da Coruña asinaron un acordo para desenvolver un proxecto para recuperar e divulgar a toponimia da cidade e da súa comarca.

    Fonte: La Opinión

    16 de outubro de 2014

    O Goberno catalán aprobou a subscrición dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura da Generalitat e o Municipio de Alguer para levar a cabo unha enquisa sobre o uso social do catalán neste territorio.

    Fonte: El Periódico

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder