Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    08 de outubro de 2014

    A prensa surcoreana anunciou que os seus veciños do norte están considerando a hipótese de converter as linguas rusa e inglesa en materias obrigatorias nas institucións de ensino superior do país. Esta iniciativa mostra que as autoridades de Pyongyang están cada vez máis dispostas a promover a aprendizaxe de idiomas estranxeiros como parte do seu novo programa nacional de ensino.

    Fonte: Diário da Rússia

    08 de outubro de 2014

    O presidente da Xunta de Galicia anunciou que o próximo curso comezará a introdución en Galicia do Bacharelato plurilingüe nos primeiros institutos.

    Fonte: El Progreso

    08 de outubro de 2014

    Cando aínda non pasaron quince días desde a anulación do Decreto sobre o Tratamento Integrado de Linguas e da suspensión da súa Orde de desenvolvemento por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Baleares, xa son 52 os centros das illas Baleares que refixeron os seus proxectos lingüísticos co fin de adecualos ao Decreto de Mínimos.

    Fonte: Mallorca Confidencial

    08 de outubro de 2014

    O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración cos servizos de normalización das universidades de Santiago e Vigo, convocan o Premio Luísa Villalta para o fomento do galego.

    Fonte: Galicia Hoxe

    08 de outubro de 2014

    A Academia Valenciana da Lingua (AVL) instou a Consellería de Educación a suprimir do decreto que introduce o plurilingüismo no ensino a consulta aos pais dos alumnos sobre a preferencia do programa lingüístico de cada centro docente.

    Fonte: Levante-EMV

    08 de outubro de 2014

    A Institución Galega de Ciencia (Igaciencia) convida a comunidade educativa festexar o vindeiro 4 de novembro o V Día da Ciencia en Galego, que nesta edición estará dedicado á Física e a reivindicar o dereito a impartir Física en galego.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    07 de outubro de 2014

    O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) fará un "esforzo especial" por acadar a "integración efectiva" do portugués na Guinea Ecuatorial, anunciou a nova directora executiva deste organismo da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

    Fonte: Sapo

    07 de outubro de 2014

    A rede pública de radiodifusión alemá Deutsche Welle (DW) anunciou que vai manter as emisións en portugués para África, ao contrario do que dixera no inicio do ano. "A nova programación céntrase na información de actualidade para os cinco países lusófonos en África: Angola, Mozambique, Guinea-Bisau, Cabo Verde e San Tomé e Príncipe", afirmou nun comunicado a directora de programas da DW, Gerda Meuer.

    Fonte: Sapo Notícias

    07 de outubro de 2014

    Escola Valenciana denuncia que a Consellería de Educación "marxina" o valenciano no sistema educativo en Primaria, ao permitir que se poidan impartir máis horas en castelán "mesmo na liña en valenciano".

    Fonte: La Vanguardia

    07 de outubro de 2014

    A directora do Centro de Estudos Galegos da Universidade rusa de San Petersburgo, Elena Zernova, presentou unha antoloxía literaria que recolle en 19 volumes, traducidos do galego ao ruso, a traxectoria da literatura galega.

    Fonte: La Región

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder