Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    12 de novembro de 2014

    O Concello do val de Egüés asinou o convenio con Mintzakide, formado en 2004 para promover a aprendizaxe do éuscaro con grupos de conversa entre estudantes do idioma e persoas que o teñen como lingua materna.

    Fonte: Diario de Navarra

    11 de novembro de 2014

    No vídeo Ghalegho, unha rapaza de Rianxo, na súa defensa das variantes do galego, fai unha alusión a Ribadeo. Dende o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros non quixeron deixar pasar por alto esta alusión e cinco estudantes fixeron un vídeo, Eu digo, un traballo solidario cos de Rianxo que foi coordinado polo profesor Suso López Acevedo.

    Fonte: La Voz de Galicia

    11 de novembro de 2014

    A Deputación da Coruña publica a convocatoria de subvencións a concellos e outras entidades locais da provincia da Coruña para a creación ou mantemento dos seus servizos de normalización lingüística durante o ano 2015.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    11 de novembro de 2014

    Á iniciativa adheríronse seis rexistradores de dominios. Esta dobre promoción da Fundación puntCAT pon novamente de manifesto que o prezo deixou de ser un impedimento no rexistro dun dominio .cat, que igualou custos con outros dominios de maior antigüidade, como poden ser o .es e o .com.

    11 de novembro de 2014

    A terceira edición de Berbagunea reunirá en AlhóndigaBilbao a preto de 2000 euscaldúns e estudantes de éuscaro que conversarán nesta lingua sobre diversos temas como libros, deporte ou ocio.

    Fonte: Deia

    10 de novembro de 2014

    Unha nova lista de idiomas "ameazados" inclúe catro linguas das illas Británicas cuxo número de falantes está caendo de maneira preocupante. As linguas en cuestión son o inglés de Jersey, o francés de Guernsey, o manés e o córnico.

    Fonte: The Independent

    10 de novembro de 2014

    Angola pretende harmonizar a escrita das linguas bantú nacionais coas dos restantes países africanos que comparten orixe neste grupo étnico. Porén, as diferenzas fonéticas e gráficas están a dificultar este proceso iniciado en 2002.

    Fonte: Notícias ao Minuto

    10 de novembro de 2014

    A Secretaría Xeral de Política lingüística pon ao dispor da cidadanía, a través da súa páxina web, a colección de manuais de linguaxe administrativa e xurídica que serven de apoio ao alumnado dos cursos de linguaxe de especialidade.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    10 de novembro de 2014

    A Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización Lingüística (ENDL) de Deza e Tabeirós-Montes asumiu o compromiso de organizar unha actividade conxunta para o presente curso.

    Fonte: Faro de Vigo

    10 de novembro de 2014

    Os servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, O Carballiño, Ferrol, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo promoven a cuarta edición do Club de Debate, unha iniciativa deseñada para fomentar entre o alumnado a fluidez comunicativa en galego, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade de opinións.

    Fonte: Consello da Cultura Galega

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder