Información do día a día do galego e outras linguas

Novas

 

Coñeza a actualidade sobre as linguas do mundo que lle proporciona o Observatorio da Lingua Galega. A información actualízase a diario e recóllese dunha ampla gama de fontes, nacionais e internacionais: dende medios de comunicación ata webs de diferentes organizacións e institucións relacionadas coas linguas. 

    01 de decembro de 2014

    Ao chamado da décima edición dos Premios á calidade lingüística presentáronse cinco traballos académicos de curso, 73 traballos de fin de grao (TFG) ou proxectos de fin de carreira (PFC) e 42 de fin de mestrado (TFM).

    Fonte: Santiago de Compostela

    01 de decembro de 2014

    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebrou en Santiago de Compostela o seminario internacional ‘A lingua portuguesa e os negocios nos países lusófonos’, co que se pon o broche final ao proxecto transnacional EMPORT liderado polo departamento educativo da Xunta de Galicia para favorecer o acceso das nosas empresas aos países lusófonos.

    Fonte: Xunta de Galicia

    01 de decembro de 2014

    O delegado do Goberno no País Vasco, Carlos Urquijo, anunciou a interposición dun recurso contra a decisión da Deputación de Guipúscoa de colocar sinais na rede viaria co rótulo “Euskal Herria. Basque Country” porque “incumpre” a Lei de normalización do éuscaro.

    Fonte: ABC

    01 de decembro de 2014

    O pleno do Parlamento de Navarra aprobou a toma en consideración da proposición de lei presentada polo PSN, Esquerda-Exkerra e Geroa Bai para modificar a Lei do éuscaro co fin de atender o ensino nesta lingua tamén na zona non vascófona en función da demanda.

    Fonte: El Diario

    28 de novembro de 2014

    O pobo mapoio e a súa lingua convertéronse en Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco, polas súas siglas en inglés) na lista de salvagarda urxente.

    Fonte: Telesur

    28 de novembro de 2014

    Os estudantes de diferentes anos escolares e idades da escola Silva Gaio de Coímbra (Portugal) poderán estudar a partir de agora chinés mandarín como actividade curricular, anunciou á axencia Lusa a directora adxunta do centro, Manuela Carvalho.

    Fonte: Boas Notícias

    28 de novembro de 2014

    «Con este plan impulsaremos o éuscaro en distintos ámbitos de traballo: a transmisión na familia, o ensino, a euscaldunización e alfabetización, administración, aspecto socioeconómico, deporte e tempo libre, cultura, publicidade, comunicación, sensibilización e motivación, proxección interna. En cada ámbito márcanse un obxectivos e cada ano elabórase un plan de traballo que vai xunto aos orzamentos. Levando a cabo distintas actividades, vanse conseguindo os obxectivos», explicou a concelleira Sagrario Etxabe.

    28 de novembro de 2014

    Desde a Consellería de Educación xa se puxeron a traballar nos informes das 25 familias valencianas que solicitan cobrar unha axuda compensatoria por non poder matricular os seus fillos nun centro educativo (público ou concertado) con liña en castelán. Segundo a Lei orgánica para a mellora da calidade educativa, estas familias teñen dereito a cobrar a axuda.

    Fonte: Gente Valencia

    28 de novembro de 2014

    Ás 93 entidades da fase Pioneiros que estrearon dominio .gal o 25 de xullo, uniránselles arredor de 850 máis con apelido galego en internet. As primeiras fases desta iniciativa pecharanse así con preto de 1000 páxinas co .gal que estarán activas a partir do 2 de decembro. Ese mesmo día arrancará tamén a Fase Aberta, á que se poderán adherir tanto empresas como institucións e particulares, espallando así o dominio galego a toda a sociedade.

    28 de novembro de 2014

    O novo Dicionario Global da Lingua Portuguesa é un traballo autoexplicativo que contén exemplos específicos contextualizados e que pretende facilitar a aprendizaxe do idioma a estranxeiros, mais tamén a calquera persoa que queira mellorar o dominio da lingua. Ana Paula Laborinho, presidenta do Instituto Camões, declarou que esta publicación se xustifica polo interese crecente no coñecemento máis detallado da lingua portuguesa en varios puntos do globo.

    Boletín

    Subscríbase ao boletín

    Logo Feder